sábado, 19 de octubre de 2019

DÍA DAS ESCRITORAS

Exposicións, mostras bibliográficas, lecturas públicas e moitas, moitas flores para celebrar o Día das Escritoras!


Baixo o lema "Mujeres, amor y libertad" ao longo de toda a semana sumámonos á convocatoria da Biblioteca Nacional co obxectivo de "difundir o legado cultural das escritoras do ámbito hispánico e hispanoamericano e lembrar as dificultades que, no pasado, impediron tanto o desenvolvemento da súa obra como o xusto recoñecemento ao seu labor cultural"


lunes, 29 de julio de 2019

📷📚RETO LITERARIO: O MAPA LITERARIO DE VIGO 📚📷

Queremos propoñervos un xogo para as vosas lecturas de verán.

 📷📚RETO LITERARIO: O MAPA LITERARIO DE VIGO 📚📷

A idea e que fagades fotos sobre os libros do Mapa Literario de Vigo, e dicir aquelas obras de ficción xa sexán novela, conto, poesía, teatro, banda deseñada... que estean localizadas en Vigo.

Pode ser unha autofoto (selfie), unha foto con toda a familia ou sen non queredes saír, non pasa nada. O que queirades!

Sempre e cando fagades referencia á localización e á obra na que aparece, así como ao autor o autora e a editorial.

Podedes colgar as fotos nas vosas redes sociais lembrade etiqutar a Biblioteca Neira Vilas e os seguintes tags

 #RetoLiterario
#MapaLiterarioDeVigo
@bpneiravilas


E se non tedes RR SS a enviades ao noso correo bpneiravilas@vigo.org e nos a publicamos.



📚📷GALERIA DE IMAXES 📚📷 


 BIBLIOTECA NEIRA VILAS
 "Entre os dous hai un rio" de Maria Lado editado por Editorial Elvira




BOUZAS
"Mirequelledigo"
de Manoel Da Costa
 editado por Meubook
 TORALLA
"En vías de extición" de María Reimóndez editado por Xerais



IGREXA DE SANTA CRISTINA DE LAVADORES
"A vinganza do defunto"
 de Carlos G. Reigosa
editado por Xerais
CALVARIO
"Tempos de bebidas isotónicas e fast-food" de Alex Alonso e editado por Xerais



 OBRADOIRO DE CERÁMICA ARTÍSTICA DA EMAO

 "El último barco" de Domigo Villar
 editado por Siruela
 A MADROA
"Amor de Serea" de Jaureguizar editado por Xerais




CASA BÁRCENA
"Os fillos do lume" de Pedro Feijoo
 editado por Xerais



 CASTRELOS
"Oitocentos" de Xavier Franco Alonso


 CEMINTERIO DE PEREIRO

"Cabalos e lobos" de Fran P. Lorenzo editado por Xerais



 PRAZA DA PRINCESA- COSMOS- CASA DA CULTURA

"Morena, perigosa e románica" de Pedro Feijoo
editado por Xerais

 PANIFICADORA

"Os fillos do lume" de Pedro Feijoo editado por Xerais


RÚA TRIUNFO

" Os xornalistas utópicos" de Manuel Veiga editado por Xerias




PRAIAS
"A Voz das nereidas" de Santiago Lopo editado pola Editorial Elvira




 



lunes, 3 de junio de 2019

Programación de xuño

MOSTRA BIBLIOGRÁFICA: A biblioteca sae do armario

Mostra bibliográfica: biblioteca Xosé Neira Vilas
Para festexar o Día Internacional do Orgullo LGBTIQ que se celebra o 28 de xuño, a biblioteca realiza unha mostra bibliográfica durante todo este mes para unirse pola tolerancia e a igualdade.
📆Do 1 ao 30 de xuño
Horario de apertura da biblioteca
👫 Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

RECOMENDACIÓN DO MES: Álvaro Pombo Mostra bibliográfica



Recomendación do mes: Álvaro Pombo


Este mes queremos recomendarvos a obra de Álvaro Pombo. Un dos mestres indiscutibles da literatura española contemporánea, con títulos tan destacados como El héroe de las mansardas de Mansard o El metro de platino iridiado.
Á súa faceta de novelista hai que engadir a súa achega como escritor de relatos, que recolle o volume Relatos sobre a falta de substancia e outros relatos, prologado por Mario Crespo. Tamén é autor de artigos, reunidos en Alrededores. Poeta destacado, obtivo en 1997 o Premio El Bardo e recompilou en Protocolos (1973-2003) os seus catro libros de posía ata a data.
Do 1 ao 30 de xuño
📆 Horario de apertura da biblioteca
👫 Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

🌱🌱🌱ECOBIBLIOTECA: Adopta unha semente 🌱🌱🌱

ecobiblioteca adopta unha semente Biblioteca Neira Vilas


Axenda 2030
Para festexar o Día Mundial do Medio Ambiente, durante a semana do 5 de xuño a biblioteca entregará ao público usuario e entidades que así o desexen unhas sementes xunto cunha carta de “adopción”. Ao longo do ano a biblioteca fará un seguemento das plantas e do seu crecemento.
Con esta actividade a biblioteca únese as accións para promover a implantación da Axenda 2030 de Desenvolvemento Sostible da ONU.
📆 Do 3 ao 8 de xuño
Horario de apertura da biblioteca
👫 Público xeral e entidades.

#DA21 #Lib4Dev #GlobalGoals

CLUB DE LECTURA: De outubro a xuño

Club de lectuta Biblioteca Xosé Neira VilasO club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reúne dúas veces ao mes na biblioteca para comentar e valorar un libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda da coordinadora Marila Ruíz. O club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler e de intercambiar ideas e opinións.
📆 Xoves, 6 e 20 de xuño ás 19.00 h
👫: Público socio do club.

A HORA DOS CONTOS: Vero Rilo

A hora dos contos Vero Rilo Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira VilasA hora dos contos é un proxecto de animación á lectura no que nos visitan diferentes artistas coas súas maletas cargadas de historias, co fin de fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura.
📆 Venres, 7 de xuño ás 18.00h
👫 público infantil dende 3 anos.
Aforo limitado

ACHÉGATE Á INTERNET

Achégate á internet Biblioteca Xosé Neira VilasABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN
Preséntase unha nova edición deste proxecto de alfabetización dixital, no nivel de “Iniciación I”, pensado para aquelas persoas sen coñecementos básicos no manexo do ordenador, O curso encádrase dentro das accións de formación, unha das liñas estratéxicas de traballo da biblioteca pública. A súa finalidade é formar a usuarios autónomos na busca/asimilación de información e no manexo das novas tecnoloxías, requisito indispensable hoxe en día para acceder ás novas formas de información, formación e lecer.
📆 Martes 11 e xoves 13 de xuño
de 10.00 a 12.00 h
👫 Público maior de 16 anos sen coñecementos básicos de Internet.

CANTACONTOS Pablo Díaz

Cantacontos Pablo Díaz Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira VilasPREVIA INSCRICIÓN* 1 DE XUÑO ÁS 10.30H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN
Pablo Díaz fará unha viaxe a través dos contos coa música como fío condutor, tratando temas e rutinas adaptadas para os máis pequen@s. Para conseguilo, axudarase de instrumentos como frautas, guitarra, harmónica, e algún dos seus temas máis populares. Unha sesión relaxada onde a fantasía e a ilusión sexan as protagonistas, e na que grandes e miúdos axuden a cantar e a entonar as melodías e retrousos.
Actividade realizada en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística do Concello e Vigo.
📆Mércores, 12 de xuño ás 18.00h
👫público infantil ata 3 anos.
Aforo limitado

ENTRE ARROLOS E CONTIÑOS

Entre arrolos e contiños Biblioteca Xosé Neira VilasPREVIA INSCRICIÓN* 1 DE XUÑO ÁS 10.30 H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN
Un venres ao mes grazas a Migallas Teatro os bebés comparten coa familia un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns, espertando xa nos seus primeiros anos de vida un interese pola literatura e a tradición oral a través de contos, cancións e pequenos xogos.
📆 Venres, 14 de xuño ás 18.00h
👫 Público infantil de 12 meses a 3 anos.

viernes, 24 de mayo de 2019

Premios do IV Concurso “O ollo de vidro”




O mércores, 22 de maio ás 18.30h no Baixo do Bugarín dentro da programación oficial do Festival de Cans realizouse unha proxección cos catorce traballos seleccionados como fianalistas para esta nova edición dos premios O Ollo de Vidro.



Tras o visionado o xurado deu a coñecer aos gañadores e fixo a entrega dos premios.

  • Premio xurado: La profecía del cuervo, de Lía Lago. Recibe unha dotación económica de 400€, escultura conmemorativa, un lote de libros e placa Festival de Cans.
    O xurado destacou a súa orixinalidade, a gran labor da realización das ilustracións que logran captar a atmósfera do libro e o espítiu dos personaxes-

  • Premio Público: Made in Galiza, de Ana Fernández. Recibe unha dotación económica de 250€, un lote de libros e placa Festival de Cans.

  • Premio Festival de Cans: Xardineiro dos Ingleses de Aarón Vilariño e Artur Vázquez. Premiado con dúas noites de hotelpara dúas persoas máis dúas entradas para acceder ás curtametraxes a concurso do Festival de Cans, un lote de libros e placa Festival de Cans.
    O xurado destacou a calidade fílmica do booktrailer e o xeito da utilización dos recursos narrativos propio do cine.



O xurado tamén decidiu facer dúas menciós especiais dotados cun lote de libros e unha placa do festival de Cans:

  • Espertando Soños realizado por o alumnado de 1 e 2º de primaria do CEIP Belesar de Baiona e Mº Paz Rodríguez maestra e Cordinadora do ENLG.
    Pola gran labor do profesorado á hora de promover á lectura, lectura en galego, entre o seu alumnado de xeito amena e divertida. E polo bo traballo en grupo deses nenos.


  • Buenos días, Princesa! Realizado por Arianna Vicente Álvarez e Jennifer Leirós Fernándes
    O xurado destacou a orixinalidade deste booktrailer, e o método no que preséntase os personaxes dun xeito atractivo e dinámico.



jueves, 9 de mayo de 2019

EFILM Vigo : plataforma de préstamos audiovisual na Biblioteca Pública Neira Vilas



Na Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas do Concello de Vigo estamos de noraboa... Hai un días puxemos en marcha un novo servizo para as persoas usuarias da nosa biblioteca: Efilm Vigo.

Efilm Vigo é unha plataform de acceso en streaming a un amplo catálogo de cinema, documentais, concertos e curtametraxes, entre outros.

Esta plataforma online exclusiva para bibliotecas permite o acceso legal e gratuíto a un amplo catálogo de contidos, 24 horas ao día e 7 días á semana. Todos os contidos están accesibles en streaming, sen necesidade de descarga.




Se queredes botar un ollo á nosa plataforma de préstamo de audiovisual, este é o enlace:

https://vigo.efilm.online/es/vigo/
E se queres darte de alta no  novo servizo que ofrece en exclusiva a Biblioteca Neira Vilas tes que pasar pola biblioteca para cubrir  un formulario.



lunes, 1 de abril de 2019

Recomendacion do mes: Luis García Montero


Este mes queremos recomendar a obra do poeta e crítico literario Luis García Montero. 
Pertence á “Generación de los ochenta” ou Postnovismo dentro da nomeada “Poesía de la experiencia”.



 
HAY AVIONES QUE DESPEGAN DESDE NINGÚN LUGAR 
Y QUE ATERRIZAN EN NINGUNA PARTE

Nadie puede bañarse en lágrimas dos veces
en el mismo aeropuerto.

En la bandeja pongo 
el reloj, la cartera, el teléfono móvil
y el cinturón. De golpe
las ordenanzas de seguridad
ayudan a entender la despedida.

Y nada es decisivo,
nada quiere importarme,
ni el fracaso del lunes, ni el misterio del sábado
con sus torpes vestidos melancólicos,
ni el sol de las agendas perdidas en la nieve.
Todo da igual, insisto,
respeten mi insistencia.

No es grave la aduana.
El reloj que me piden y devuelvo
ha sabido esperar en todas las esquinas 
de la ciudad, en los amaneceres
cuando fue necesario levantarse,
y en el último tren,
y en los bares cerrados.

La cartera que entrego no guarda documentos
sino un barrio con álamos y niños escondidos,
la luz en los cristales de un balcón
y las primeras cartas mojadas por la lluvia,
ese agua de ayer que no deshace
letras ni direcciones en los sobres.
No es grave la memoria.

Tampoco se han quejado
los números borrosos del teléfono,
porque detrás no existe un restaurante,
un puesto de trabajo, un domicilio.
Ya no cuentan los mapas navegables
en los días de siempre,
y las voces que quedan van conmigo.

No es grave el cinturón. Estoy desnudo, 
respeten mi desnudo sin espejo,
y sin manos de nadie,
y sin besos primero al abrir los botones,
y sin piel conocida al lado de mi piel.
Tan sólo dos colmillos sobre mi identidad,
dos heridas pequeñas en el cuello.

La luna me interroga,
¿quién soy yo?,
perdonen mi insistencia,
y no sé contestarle.

Nadie puede bañarse en lágrimas dos veces
en el mismo aeropuerto,
porque siempre hay aviones que despegan
desde ningún lugar
y que aterrizan en ninguna parte.


Un invierno propio
Luis García Montero
Colección Palabra de Honor
Visor de Poesía




Aquí vos deixamos o Programa Imprescindibles de TVE no que tratan un dos poemas máis coñecido do autor  "ANQUE TÚ NO LO SEPAS"



miércoles, 13 de febrero de 2019

Apocalipse Zombi



O día 4 de febreiro celébrase o Día Do Orgullo Zombi e dende a biblioteca queremos sumarnos ás celebracións que se realizan ao redor do planeta.

Esta celebración coincide co aniversario do director de cine norteamericano George Andrew Romero. Romero é considerado o pai deste xénero cinematográfico, cheo de vísceras e sangue, ao  estrear no 1968 “La noche de los muertos vivientes”, unha das primeiras películas desta temática.


 Na biblioteca podes atopar algunhas películas deste subxénero para poder ver no sofá da casa nestes días de inverno ben protexido cunha manta:


Rec. Nesta película de Jaume Balagueró &Paco Plaza a acción ten lugar dentro dun edificio de apartamentos de Barcelona onde unha infección transforma  aos residentes e aos equipos de rescate en atacantes violentos.

Resident Evil. Película protagonizada por Milla Jovovich baseada no videoxogo co mesmo nome que conta as peripecias dun grupo de persoas que deben sobrevivir e atopar o xeito de escapar ao tempo que loitan con zombies e monstros.


 







E se queredes pasar a tardiña en familia e sodes amantes dos zombies non hai problema tamén hai títulos aptos para todos os públicos.

Dixie y la rebelión zombi 


 

Non podemos deixar escapar esta gran oportunidade para falar doutros grandes títulos, que polo momento non temos na biblioteca, pero que todo amante dos zombies debe coñecer:

Orgullo y prejuicio y zombies, (xa co título podemos facernos unha idea da magnitude do filme). Esta película, que tomaba como punto de partida a novela de Jane Austen, xira en torno á plaga de zombis que se apodera de gran parte de Inglatera. 




Sky Sharks, basicamente esta película ten todos os elementos que nos dan medo: tiburóns asasinos, que ademáis poden voar, polo que non estamos a salvo en nigures. Ademáis de ser sanguinarios de por si debido a súa natureza, súmase o feito de que son zombies polo que teñen moita máis fame de sangue. E e si todo isto fora pouco, súmase o feito de que estes seres foron creados polos Nazis durante a Segunda Guerra Mundial... 



As series están vivindo un gran momento, fanse ao xeito das grandes producións de cine polo que contan con grandes orzamentos e grandes profesionais. Nestes momentos de éxitos podemos atoparnos con diferentes visións do mundo zombie. Dende a comedia con iZombie,a o manga " Yaoi" a serie High School of the Dead ou as terroríficas "The Walking Dead" e os seus spin off.

Na biblioteca podedes atopar algunhas series con non mortos como "Grimm", ou "Juego de Trono" (aquí abrése o debate: os camiñantes brancos son ou non zombies?. )

 Os camiñantes brancos son ou non zombies?



A literatura tamén conta coa presenza destes seres entre as súas páxinas. 

Títulos como "Guerra Mundial Z" de Max Brooks ( si o apelido vos soa... efectivamente!, e o fillo de Mel  e de Anne Bancroft), "Los caminantes" de Carlos Sisí ou El alzamiento de Brian Keene encabezan todas as listas das mellores novelas de zombies. 

Outras veces tamén atacan na LIX así temos algúns títulos como "Macarrones de Zombies" de Joan Antoni Martín Piñol, "Los zombies atléticos" da colección de Batpat ou na saga escrita por Derek Landy  "Skulduggery Pleasant, detective esqueleto".





 Nin sequera o mundo da música está a salvo deste apocalipse, son moitos os non mortos que percorren o pentagrama musical transformandoo case nun pentagrama maligno. Dende The Cranberries ata a BSO da película Zoombie da factoria Disney. Pero se temos que escoller unha quedamonos co Rey do Pop e o seu gran vídeo musical  THRILLER




Ata o mundo da moda se ve tamén influenciado por esta temática...

Na Semana da Moda en Londres do 2013

O modelo Zombie Boy



No mes no que a nosa mostra bibliográfica é a Apocalipse Zombi non podíamos esquecernos da triloxía Apocalipsis Z de Manel Loureiro, na que a cidade de Vigo posúe os últimos” Puntos Seguros” da humanidade.

Ademais da obra relacionada co mundo Zombi tamén podedes coñecer os outros universos literarios do autor e levalos a casa como préstamo





No podía hablar en serio. Aquel tipo me pedía que desembarcase en una ciudad infestada de miles de No Muertos, que la atravesase como quien va a comprar una barra de pan, que entrase en la oficina de Correos y que volviese a bordo con su puñetero paquete como si fuese un cartero”.
                                                        Apocalipsis Z



Podedes atopar outros Puntos Seguros para sobrevivir ao apocalipse zombi no noso Mapa Literario de Vigo