lunes, 3 de junio de 2019

Programación de xuño

MOSTRA BIBLIOGRÁFICA: A biblioteca sae do armario

Mostra bibliográfica: biblioteca Xosé Neira Vilas
Para festexar o Día Internacional do Orgullo LGBTIQ que se celebra o 28 de xuño, a biblioteca realiza unha mostra bibliográfica durante todo este mes para unirse pola tolerancia e a igualdade.
📆Do 1 ao 30 de xuño
Horario de apertura da biblioteca
👫 Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

RECOMENDACIÓN DO MES: Álvaro Pombo Mostra bibliográfica



Recomendación do mes: Álvaro Pombo


Este mes queremos recomendarvos a obra de Álvaro Pombo. Un dos mestres indiscutibles da literatura española contemporánea, con títulos tan destacados como El héroe de las mansardas de Mansard o El metro de platino iridiado.
Á súa faceta de novelista hai que engadir a súa achega como escritor de relatos, que recolle o volume Relatos sobre a falta de substancia e outros relatos, prologado por Mario Crespo. Tamén é autor de artigos, reunidos en Alrededores. Poeta destacado, obtivo en 1997 o Premio El Bardo e recompilou en Protocolos (1973-2003) os seus catro libros de posía ata a data.
Do 1 ao 30 de xuño
📆 Horario de apertura da biblioteca
👫 Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

🌱🌱🌱ECOBIBLIOTECA: Adopta unha semente 🌱🌱🌱

ecobiblioteca adopta unha semente Biblioteca Neira Vilas


Axenda 2030
Para festexar o Día Mundial do Medio Ambiente, durante a semana do 5 de xuño a biblioteca entregará ao público usuario e entidades que así o desexen unhas sementes xunto cunha carta de “adopción”. Ao longo do ano a biblioteca fará un seguemento das plantas e do seu crecemento.
Con esta actividade a biblioteca únese as accións para promover a implantación da Axenda 2030 de Desenvolvemento Sostible da ONU.
📆 Do 3 ao 8 de xuño
Horario de apertura da biblioteca
👫 Público xeral e entidades.

#DA21 #Lib4Dev #GlobalGoals

CLUB DE LECTURA: De outubro a xuño

Club de lectuta Biblioteca Xosé Neira VilasO club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reúne dúas veces ao mes na biblioteca para comentar e valorar un libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda da coordinadora Marila Ruíz. O club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler e de intercambiar ideas e opinións.
📆 Xoves, 6 e 20 de xuño ás 19.00 h
👫: Público socio do club.

A HORA DOS CONTOS: Vero Rilo

A hora dos contos Vero Rilo Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira VilasA hora dos contos é un proxecto de animación á lectura no que nos visitan diferentes artistas coas súas maletas cargadas de historias, co fin de fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura.
📆 Venres, 7 de xuño ás 18.00h
👫 público infantil dende 3 anos.
Aforo limitado

ACHÉGATE Á INTERNET

Achégate á internet Biblioteca Xosé Neira VilasABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN
Preséntase unha nova edición deste proxecto de alfabetización dixital, no nivel de “Iniciación I”, pensado para aquelas persoas sen coñecementos básicos no manexo do ordenador, O curso encádrase dentro das accións de formación, unha das liñas estratéxicas de traballo da biblioteca pública. A súa finalidade é formar a usuarios autónomos na busca/asimilación de información e no manexo das novas tecnoloxías, requisito indispensable hoxe en día para acceder ás novas formas de información, formación e lecer.
📆 Martes 11 e xoves 13 de xuño
de 10.00 a 12.00 h
👫 Público maior de 16 anos sen coñecementos básicos de Internet.

CANTACONTOS Pablo Díaz

Cantacontos Pablo Díaz Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira VilasPREVIA INSCRICIÓN* 1 DE XUÑO ÁS 10.30H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN
Pablo Díaz fará unha viaxe a través dos contos coa música como fío condutor, tratando temas e rutinas adaptadas para os máis pequen@s. Para conseguilo, axudarase de instrumentos como frautas, guitarra, harmónica, e algún dos seus temas máis populares. Unha sesión relaxada onde a fantasía e a ilusión sexan as protagonistas, e na que grandes e miúdos axuden a cantar e a entonar as melodías e retrousos.
Actividade realizada en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística do Concello e Vigo.
📆Mércores, 12 de xuño ás 18.00h
👫público infantil ata 3 anos.
Aforo limitado

ENTRE ARROLOS E CONTIÑOS

Entre arrolos e contiños Biblioteca Xosé Neira VilasPREVIA INSCRICIÓN* 1 DE XUÑO ÁS 10.30 H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN
Un venres ao mes grazas a Migallas Teatro os bebés comparten coa familia un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns, espertando xa nos seus primeiros anos de vida un interese pola literatura e a tradición oral a través de contos, cancións e pequenos xogos.
📆 Venres, 14 de xuño ás 18.00h
👫 Público infantil de 12 meses a 3 anos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario