jueves, 9 de mayo de 2019

EFILM Vigo : plataforma de préstamos audiovisual na Biblioteca Pública Neira Vilas



Na Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas do Concello de Vigo estamos de noraboa... Hai un días puxemos en marcha un novo servizo para as persoas usuarias da nosa biblioteca: Efilm Vigo.

Efilm Vigo é unha plataform de acceso en streaming a un amplo catálogo de cinema, documentais, concertos e curtametraxes, entre outros.

Esta plataforma online exclusiva para bibliotecas permite o acceso legal e gratuíto a un amplo catálogo de contidos, 24 horas ao día e 7 días á semana. Todos os contidos están accesibles en streaming, sen necesidade de descarga.




Se queredes botar un ollo á nosa plataforma de préstamo de audiovisual, este é o enlace:

https://vigo.efilm.online/es/vigo/
E se queres darte de alta no  novo servizo que ofrece en exclusiva a Biblioteca Neira Vilas tes que pasar pola biblioteca para cubrir  un formulario.



No hay comentarios:

Publicar un comentario