viernes, 24 de mayo de 2019

Premios do IV Concurso “O ollo de vidro”




O mércores, 22 de maio ás 18.30h no Baixo do Bugarín dentro da programación oficial do Festival de Cans realizouse unha proxección cos catorce traballos seleccionados como fianalistas para esta nova edición dos premios O Ollo de Vidro.



Tras o visionado o xurado deu a coñecer aos gañadores e fixo a entrega dos premios.

  • Premio xurado: La profecía del cuervo, de Lía Lago. Recibe unha dotación económica de 400€, escultura conmemorativa, un lote de libros e placa Festival de Cans.
    O xurado destacou a súa orixinalidade, a gran labor da realización das ilustracións que logran captar a atmósfera do libro e o espítiu dos personaxes-

  • Premio Público: Made in Galiza, de Ana Fernández. Recibe unha dotación económica de 250€, un lote de libros e placa Festival de Cans.

  • Premio Festival de Cans: Xardineiro dos Ingleses de Aarón Vilariño e Artur Vázquez. Premiado con dúas noites de hotelpara dúas persoas máis dúas entradas para acceder ás curtametraxes a concurso do Festival de Cans, un lote de libros e placa Festival de Cans.
    O xurado destacou a calidade fílmica do booktrailer e o xeito da utilización dos recursos narrativos propio do cine.



O xurado tamén decidiu facer dúas menciós especiais dotados cun lote de libros e unha placa do festival de Cans:

  • Espertando Soños realizado por o alumnado de 1 e 2º de primaria do CEIP Belesar de Baiona e Mº Paz Rodríguez maestra e Cordinadora do ENLG.
    Pola gran labor do profesorado á hora de promover á lectura, lectura en galego, entre o seu alumnado de xeito amena e divertida. E polo bo traballo en grupo deses nenos.


  • Buenos días, Princesa! Realizado por Arianna Vicente Álvarez e Jennifer Leirós Fernándes
    O xurado destacou a orixinalidade deste booktrailer, e o método no que preséntase os personaxes dun xeito atractivo e dinámico.



jueves, 9 de mayo de 2019

EFILM Vigo : plataforma de préstamos audiovisual na Biblioteca Pública Neira Vilas



Na Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas do Concello de Vigo estamos de noraboa... Hai un días puxemos en marcha un novo servizo para as persoas usuarias da nosa biblioteca: Efilm Vigo.

Efilm Vigo é unha plataform de acceso en streaming a un amplo catálogo de cinema, documentais, concertos e curtametraxes, entre outros.

Esta plataforma online exclusiva para bibliotecas permite o acceso legal e gratuíto a un amplo catálogo de contidos, 24 horas ao día e 7 días á semana. Todos os contidos están accesibles en streaming, sen necesidade de descarga.




Se queredes botar un ollo á nosa plataforma de préstamo de audiovisual, este é o enlace:

https://vigo.efilm.online/es/vigo/
E se queres darte de alta no  novo servizo que ofrece en exclusiva a Biblioteca Neira Vilas tes que pasar pola biblioteca para cubrir  un formulario.