miércoles, 13 de febrero de 2019

Apocalipse Zombi



O día 4 de febreiro celébrase o Día Do Orgullo Zombi e dende a biblioteca queremos sumarnos ás celebracións que se realizan ao redor do planeta.

Esta celebración coincide co aniversario do director de cine norteamericano George Andrew Romero. Romero é considerado o pai deste xénero cinematográfico, cheo de vísceras e sangue, ao  estrear no 1968 “La noche de los muertos vivientes”, unha das primeiras películas desta temática.


 Na biblioteca podes atopar algunhas películas deste subxénero para poder ver no sofá da casa nestes días de inverno ben protexido cunha manta:


Rec. Nesta película de Jaume Balagueró &Paco Plaza a acción ten lugar dentro dun edificio de apartamentos de Barcelona onde unha infección transforma  aos residentes e aos equipos de rescate en atacantes violentos.

Resident Evil. Película protagonizada por Milla Jovovich baseada no videoxogo co mesmo nome que conta as peripecias dun grupo de persoas que deben sobrevivir e atopar o xeito de escapar ao tempo que loitan con zombies e monstros.


 







E se queredes pasar a tardiña en familia e sodes amantes dos zombies non hai problema tamén hai títulos aptos para todos os públicos.

Dixie y la rebelión zombi 


 

Non podemos deixar escapar esta gran oportunidade para falar doutros grandes títulos, que polo momento non temos na biblioteca, pero que todo amante dos zombies debe coñecer:

Orgullo y prejuicio y zombies, (xa co título podemos facernos unha idea da magnitude do filme). Esta película, que tomaba como punto de partida a novela de Jane Austen, xira en torno á plaga de zombis que se apodera de gran parte de Inglatera. 




Sky Sharks, basicamente esta película ten todos os elementos que nos dan medo: tiburóns asasinos, que ademáis poden voar, polo que non estamos a salvo en nigures. Ademáis de ser sanguinarios de por si debido a súa natureza, súmase o feito de que son zombies polo que teñen moita máis fame de sangue. E e si todo isto fora pouco, súmase o feito de que estes seres foron creados polos Nazis durante a Segunda Guerra Mundial... 



As series están vivindo un gran momento, fanse ao xeito das grandes producións de cine polo que contan con grandes orzamentos e grandes profesionais. Nestes momentos de éxitos podemos atoparnos con diferentes visións do mundo zombie. Dende a comedia con iZombie,a o manga " Yaoi" a serie High School of the Dead ou as terroríficas "The Walking Dead" e os seus spin off.

Na biblioteca podedes atopar algunhas series con non mortos como "Grimm", ou "Juego de Trono" (aquí abrése o debate: os camiñantes brancos son ou non zombies?. )

 Os camiñantes brancos son ou non zombies?



A literatura tamén conta coa presenza destes seres entre as súas páxinas. 

Títulos como "Guerra Mundial Z" de Max Brooks ( si o apelido vos soa... efectivamente!, e o fillo de Mel  e de Anne Bancroft), "Los caminantes" de Carlos Sisí ou El alzamiento de Brian Keene encabezan todas as listas das mellores novelas de zombies. 

Outras veces tamén atacan na LIX así temos algúns títulos como "Macarrones de Zombies" de Joan Antoni Martín Piñol, "Los zombies atléticos" da colección de Batpat ou na saga escrita por Derek Landy  "Skulduggery Pleasant, detective esqueleto".





 Nin sequera o mundo da música está a salvo deste apocalipse, son moitos os non mortos que percorren o pentagrama musical transformandoo case nun pentagrama maligno. Dende The Cranberries ata a BSO da película Zoombie da factoria Disney. Pero se temos que escoller unha quedamonos co Rey do Pop e o seu gran vídeo musical  THRILLER




Ata o mundo da moda se ve tamén influenciado por esta temática...

Na Semana da Moda en Londres do 2013

O modelo Zombie Boy



No mes no que a nosa mostra bibliográfica é a Apocalipse Zombi non podíamos esquecernos da triloxía Apocalipsis Z de Manel Loureiro, na que a cidade de Vigo posúe os últimos” Puntos Seguros” da humanidade.

Ademais da obra relacionada co mundo Zombi tamén podedes coñecer os outros universos literarios do autor e levalos a casa como préstamo





No podía hablar en serio. Aquel tipo me pedía que desembarcase en una ciudad infestada de miles de No Muertos, que la atravesase como quien va a comprar una barra de pan, que entrase en la oficina de Correos y que volviese a bordo con su puñetero paquete como si fuese un cartero”.
                                                        Apocalipsis Z



Podedes atopar outros Puntos Seguros para sobrevivir ao apocalipse zombi no noso Mapa Literario de Vigo