viernes, 11 de enero de 2019

DÍA DO USUARIO DAS BIBLIOTECAS


Hoxe queremos agradecervos a todas as persoas usuarias que formedes parte deste marabilloso proxecto, sen vós a biblioteca non tería razón de ser. Moitas grazas por estar sempre aí, xunto a nós! 😍


E como cada ano por estas datas, premiamos tamén ós mellores lectores e lectoras do 2018 para que entren neste novo ano mergullándose nas mellores lecturas.🏆

Na categoría de adultos están de noraboa Arantzazu Fernández Martínez, Luisa Fernández Lago e Agustina del Rosario Vázquez Varela.

E na categoría infantil damos os nosos parabéns a Ángel Pérez Rodríguez, Mario Ruiz Juncal e Teo Alonso Torres.

Bravo por tod@s 👏👏👏

miércoles, 2 de enero de 2019

AUTOR DO MES: FORGES




Antonio Fraguas de Pablo, máis coñecido como Forges (Madrid, 17 de xaneiro de 1942- Madrid, 22 de febreiro de 2018), foi un humorista gráfico español de gran recoñecemento. De pai galego, o escritor e xornalista Antonio Fraguas Saavedra, e nai catalá, María Ascensión de Pablo López. Sempre recoñeceu que foi un mal estudante pero un gran lector.

Como humorista utilizaba uns bocadillos moi persoais de grosa liña negra e un estilizado linguaxe extraída directamente da rúa sendo un dos poucos humoristas cun oído sensible á linguaxe popular. Na súa obra ocupa un lugar fundamental o costumismo e a crítica social.

Forges creou toda unha extensa iconografía de personaxes e situacións cómicas que reflicte a idiosincrasia e a socioloxía da España contemporánea.