jueves, 20 de diciembre de 2018

FELICES FESTAS


🎄🎄Con esta fermosa postal de nadal feita por Abi Castillo a Biblioteca quérevos desexar a tod@s unhas felices festas e os nosos mellores desexos para o ano 2019.

viernes, 7 de diciembre de 2018

A BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL XOSÉ NEIRA VILAS GAÑA O PREMIO DO IX CONGRESO NACIONAL DE BIBLIOTECAS PÚBLICAS


A Biblioteca Pública Xosé Neira Vilas ven de recibir o premio ao mellor vídeo do IX Congreso Nacional de Bibliotecas Públicas pola peza “Reflexións”, na categoría de concellos de máis de 100.000 habitantes.

O IX Congreso Nacional de Bibliotecas Públicas, que ven de celebrarse en Logroño entre o 28 e o 30 de novembro, convocou un concurso en colaboración con SEDIC (Sociedad Española de Documentación e Información Científica) para premiar ao mellor vídeo relacionado coa temática do congreso, que este ano tiña como lema “Bibliotecas públicas: profesionales para todos los públicos” e no que se puxo o acento “na reflexión sobre as persoas que traballan e as que participan nas bibliotecas: a preparación necesaria dos bibliotecarios; os modelos e fórmulas para xestionar con eficacia e éxito os equipos de a bibliotecas, e as súas formas de conectar da mellor maneira coa comunidade, e en particular con colectivos especiais e específicos”.

A peza presentada pola biblioteca leva por título “Reflexións” e foi dirixida por Fon Cortizo. Para a gravación contou coa participación dos propios usuarios da biblioteca, que se prestaron a compartir as súas experiencias e reflexións sobre o papel da biblioteca nas súas vidas.

Cada biblitoeca podía participar cun único vídeo, que debía ser inédito e ter unha duración máxima de 3 minutos, dentro das seguintes categorías: bibliotecas en poboacións de menos de 5.000 habitantes, bibliotecas en poboacións entre 5.000 e 100.000 habitantes e bibliotecas en poboacións de máis de 100.000 habitantes, na que participou a BPM Xosé Neira Vilas.

O premio foi otorgado pola votación dos asistentes ao congreso, tendo en conta como criterios a orixinalidade, a pertinencia e a dificultade técnica.





sábado, 1 de diciembre de 2018

AUTOR DO MES: EDUARDO GALEANO


Eduardo Galeano (1940 - 20015) foi un escritor e xornalista urugaio considerado  un dos máximos expoñentes da literatura latinoamericana. Na súa obra, que trascende os xéneros ortodoxos e na que se mesturan narrativa e ensaio, poesía ou crónica, reivindícase a identidade cultural dos pobos e déixase ver o seu fervente compromiso a favor das causas xustas.

Entre os numerosos galardóns que recibiu, en 2010 concedéronlle o prestixioso Premio Stig Dagerman (Suecia) por “estar sempre e de forma inquebrantable do lado dos condenados” e valerse da poesía, a prosa e o xornalismo “para escoitar e transmitir as súas testemuñas.”