miércoles, 28 de noviembre de 2018

PROGRAMACIÓN DECEMBRO 2018

MOSTRA BIBLIOGRÁFICA: Día dos Dereitos Humanos


O Día dos Dereitos Humanos celébrase cada 10 de decembro coincidindo coa data na que a Asemblea Xeral das Nacións Unidas adoptou a Declaración Universal de Dereitos Humanos, en 1948.
Para celebrar o seu 70 aniversario unímonos á ONU no seu propósito de destacar a transcendencia deste documento histórico, que proclamou os dereitos inalienables inherentes a todos os seres humanos, sen importar a súa raza, cor, relixión, sexo, idioma, opinións políticas ou doutra índole, orixe nacional ou social, propiedades, lugar de nacemento nin ningunha outra condición, e cuxa esencia recolle tamén o Manifesto IFLA/UNESCO sobre a Biblioteca Pública.
Presentámosvos así unha escolma de obras que reflexionan sobre ditos dereitos ou denuncian a violación dos mesmos dende perspectivas e xéneros moi diferentes.
Do 1 ao 31 de decembro
Horario de apertura da biblioteca
Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

RECOMENDACIÓN DO MES: Eduardo Galeano

Mostra bibliográfica

Entre os moitos autores/as que traballaron na defensa dos Dereitos Humanos, destacamos nesta ocasión a figura de Eduardo Galeano (1940-2015), escritor e xornalista urugaio considerado un dos máximos expoñentes da literatura latinoamericana.
Na súa obra, que trascende os xéneros ortodoxos e na que se mesturan narrativa e ensaio, poesía ou crónica, reivindícase a identidade cultural dos pobos e déixase ver o seu fervente compromiso a favor das causas xustas.
Entre os numerosos galardóns que recibiu, en 2010 concedéronlle o prestixioso Premio Stig Dagerman (Suecia) por “estar sempre e de forma inquebrantable do lado dos condenados” e valerse da poesía, a prosa e o xornalismo “para escoitar e transmitir as súas testemuñas.”
Do 1 ao 31 de decembro
Horario de apertura da biblioteca
Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

A HORA DOS CONTOS: Trini Puentes.  

A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura no que nos visitan diferentes artistas coas súas maletas cargadas de historias, co fin de fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos
libros e a lectura. Este mes de decembro visítanos Trini Puentes
Venres, 7 de decembro ás 18.00h
Para: público infantil dende 3 anos.
Aforo limitado  

CLUB DE LECTURA: De outubro a xuño  

O club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reúne dúas veces ao mes na biblioteca para comentar e valorar un libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda da coordinadora Marila Ruíz. O club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler e de intercambiar ideas e opinións.
Xoves, 13 e 20 de decembro ás 19.00 h
Para: Público socio do club.

ENTRE ARROLOS E CONTIÑOS

PREVIA INSCRICIÓN* 1 DE DECEMBRO ÁS 10.30H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN
Un venres ao mes grazas a Migallas Teatro os bebés comparten coa familia un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns, espertando xa nos seus primeiros anos de vida un interese pola literatura e a tradición oral a través de contos, cancións e pequenos xogos.
Venres, 14 de decembro ás 18.00h
Para: Público infantil de 12 meses a 3 anos.

CONTOS DAKÍ: Soledad Felloza

Contos Dakí é un ciclo no que nos visitan algúns dos contadores e contadoras de máis renome do
panorama galego e internacional para deleitarnos cos seus contos rescatados da tradición oral, pero tamén da cotianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferentes a todas aquelas persoas que teñan o pracer de escoitalas. Nesta ocasión visítanos a contadora Soledad Felloza.
Venres, 21 de decembro ás 19.30 h
Para: Público adulto.
Aforo limitado  


MOSTRA BIBLIOGRÁFICA: Tempo de Nadal

Durante as festas de Nadal na Biblioteca Neira Vilas ofrecémosvos unha mostra na que atopar moitas ideas para decorar a casa, preparar novas receitas nas celebracións, facer agasallos ou gozar con diferentes historias para celebrar estas datas.
Do 22 de decembro ao 5 de xaneiro
Horario de apertura da biblioteca
Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

BUZÓN REAL

O Buzón Real estará na biblioteca para que todo o mundo poida deixar as súas cartas aos Reis Magos e contarlles como se portaron durante todo o ano.
Do 22 de decembro ao 5 de xaneiro
Horario de apertura da biblioteca
Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

OBRADOIRO DE NADAL: Contos en construción

PREVIA INSCRICIÓN* 4 DE DECEMBRO ÁS 10.30H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN
Con motivo das festas do Nadal a Biblioteca Xosé Neira Vilas organiza o obradoiro “Contos en
construción”, baseado nos contos clásicos e contemporáneos e no que nos achegaremos tamén a diferentes conceptos da arquitectutra e a sustentabilidade. Durante a sesión primeiramente contaremos e reflexionaremos sobre o conto escollido para despois interpretar un fragmento do mesmo materializándoo coa consturción dunha maqueta colectiva. Así, os/as participantes percibirán a importancia dos materiais e aprenderán as súas calidades, fomentándose o traballo cooperativo e o respecto á nosa contorna.
Xoves, 27 de decembro
Horario de 11.00h a 12.00h
15 prazas
Para: Público infantil a partir de 5 anos.

VISITA DO PAXE REAL

O Carteiro Real visita a biblioteca para recoller todas as cartas e desexos do público infantil.
Xoves, 27 de decembro ás 12.30 h
Para: Público infantil.






viernes, 9 de noviembre de 2018

AUTOR DO MES: SANTIAGO POSTEGUILLO.



Santiago Posteguillo (Valencia, 1967) é un dos maiores expoñentes da novela histórica no noso país, con sagas como as do emperador ("Los asesinos del emperador", "Circo Máximo" e "La legión perdida") ou o xeneral romano Escipión ("Africanus", "Las legiones malditas" e "La traición de Roma") polas que ten recibido numerosos galardóns. Ven a recibir o Premio Planeta pola novela "Yo, Julia", na que recata do esquecemento a vida e memoria da emperatriz máis poderosa da antiga Roma. 
Ademáis, posteguillo é o autor de tres libros de relatos sobre a historia da literatura, imprescindibles para calquera amante das leteras: "La sangre de los libros", "La noche en que Frankenstein leyó el Quijote" e "El séptimo círculo del infierno"