miércoles, 3 de octubre de 2018

DÍA DAS ESCRITORAS REBELDES E TRANSGRESORAS




Convidados pola Biblioteca Nacional de España (BNE) sumámamos á conmemoración do Día das Escritoras que se celebrará, por terceiro ano consecutivo, o próximo 15 de outubro baixo o lema "Rebeldes e Transgresoras". Esta iniciativa que parte da BNE, da Federación Española de Mulleres Directivas, Executivas, Profesionais e Empresarias (FEDEPE) e da Asociación Clásicas e Modernas (CyM) ten como obxectivo “difundir o legado cultural das escritoras do ámbito hispánico e hispanoamericano e lembrar as dificultades que, no pasado, impediron tanto o desenvolvemento da súa obra como o xusto recoñecemento ao seu labor cultural".



Conta coa participación, xa confirmada, de 50 bibliotecas españolas e latinoamericanas. O evento centrarase na lectura de 21 fragmentos seleccionados a partir dos textos das escritoras homenaxeadas: María de Zayas, Juana Manso, Rosario de Acuña, Carmen de Burgos, Delmira Agustini, Victoria Ocampo, Aurora Bertrana, Magda Donato, Sorne Unzueta Lanzeta, Ángela Figuera Aymerich, María Zambrano, Idea Vilariño, Ana María Matute, Carmen Martín Gaite, Josefina Aldecoa, Alejandra Pizarnik, Esther Tusquets, María-Mercé Marcal, Teresa de Jesús e as escritoras galegas Rosalía de Castro e Filomena Dato Muruais.


Paralelamente a esta celebración, todas estas mulleres, "Rebeldes e Transgresoras", serán as protagonistas da nosa Mostra Bibliogáfica, presente todo o mes de outubro. 
E o propio Día das Escritoras, o 15 de outubro, o longo desta xornada, toda aquela persoa que leve en préstamo libros escritos por unha muller será obsequiado cunhas flores que levarán unha etiqueta co lema deste ano, “rebeldes e transgresoras”, e unha cita dalgunha autora. Haberá así mesmo un "Photocall" para que quen o desexe se faga fotos conmemorando este día e as difunda nas súas redes sociais.












No hay comentarios:

Publicar un comentario