jueves, 12 de julio de 2018

FESTA DE PIXAMA DE PELUCHES NA BIBLIOTECA




O pasado día 15 de xuño celebrouse na Biblioteca una actividade moi especial : a festa de pixama de peluches na biblioteca.

Convidamos ao público infantil a que deixaran os seus peluches por unha noite na biblioteca, para que estes celebraran unha gran festa de peluches. Nesta noite tan divertida os xoguetes disfrutaron da lectura, de camiñar pola biblioteca e de durmir nun espazo diferente fóra do seu fogar e sen os seus donos e donas. Cando pasou a fin de semana, os nenos e nenas viñeron a recollelos e viron o ben que o pasaron nestra entretenida quedada entre todos os peluches.

Poñémosovos un cantas fotos do ben que o pasaron na biblioteca e que de ben seguro volverán a repetir, e por suposto, dar as grazas os donos e donas dos peluches por traer os seus peluches favoritos a que pasaran unha noite tan fantástica na biblioteca.












Ata a próxima festa!!!!!!!!!!

viernes, 6 de julio de 2018

AUTORA DO MES




FRED VARGAS (1957- )
                                                                        

Neste ano foi galardoada co Premio Princesa de Asturias. Nacida en París en 1957, é seudónimo de Frédérique Audoin-Rouzeau, e é a escritora que queremos recomendarvos neste mes de xullo.

Autora das máis célebres sagas policíacas francesas, como Los tres evangelistas ou a serie do comisario Admsberg, Vargas conquistou a miles de persoas en todo o mundo , coas súas personaxes e as súas intrigas.

Estos son os libros que temos na bibliotecas para ler neste verán:


La tercera virgen

Huye rápido, vete lejos

Bajo los vientos de Neptuno

Tiempos de hielo

Cuando sale la reclusa