sábado, 30 de junio de 2018

PROGRAMACIÓN DE VERÁN 2018

FEIRA DO LIBRO

Feira do Libro Biblioteca Neira Vilas
Unímonos a este proxecto literario onde se atopan as diferentes personalidades do sector das letras, as novidades editoriais, actividades, etc. estando presentes cunha caseta na que amosaremos os servizos e as actividades que ofrecemos á cidadanía.

Do 28 de xuño ao 7 de xullo
Horario de apertura da feira: de 11.00 a 14.00 e de 17.30 a 22.00 h
Para: Todos os públicos.
Aforo limitado


MOSTRA BIBLIOGRÁFICA: En verán, ao monte!

Mostra bibliográfica: biblioteca Xosé Neira Vilas
Expoñemos na biblioteca unha escolma da bibliografía máis destacada do fondo relacionada co monte, a súa diversidade, os seus recursos e como podemos gozar nel durante os meses de verán.

Do 1 de xullo ao 31 de agosto
Horario de apertura da biblioteca
Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

RECOMENDACIÓN DO MES:

Recomendación do mes na biblioteca
 Mostra bibliográfica

Do 1 ao 31 de xullo: Fred Vargas

Neste 2018 foi galardoada co Premio Princesa de Asturias a escritora francesa Fred Vargas, seudónimo de Frédérique Audoin-Rouzeau, á que queremos recomendarvos neste mes de xullo.
Autora das máis célebres sagas policiaís francesas, como Los tres evangelistas ou a serie do Comisario Admsberg, Vargas conquistou a miles de persoas en todo o mundo, coas súas personaxes e as súas intrigas.

Do 1 ao 31 de agosto: Guy Delisle
En agosto recomendamos a obra de Guy Delisle. Este autor canadense é coñecido polas súas novelas gráficas, sobre todo Shenzen, Pyongyan e Crónicas Birmanas, nas que relata o seu paso por Asia e Oriente Medio, pero tamén queremos amosar outros do seus traballos como autor de cómic infantil Luis vai á praia, ou a súa faceta máis cómica na súa triloxía Guía del mal padre.

Horario de apertura da biblioteca
Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

CITA A CEGAS

Cita a cegas









Ofrecemos unha CITA A CEGAS co que pode chegar a ser un gran amor literario. Haberá na biblioteca unha serie de paquetes pechados que se poden levar a casa emprestados, sen saber o que hai dentro, ata que ao abrilos se desvele o seu segredo, atopando o que pode chegar a ser un gran descubrimento, unha decepción ou un gran amor.

Do 1 de xullo ao 30 de setembro
Horario de apertura da biblioteca
Para: Todo o público socio da biblioteca.
      
OBRADOIRO: de Robótica

Obradoiro de Robótica Biblioteca Xosé Neira Vilas 








PREVIA INSCRICIÓN* 20 de xuño abre o prazo de inscrición

O obradoiro consiste nunha introdución á robótica con Lego Mindstorm, robots educativos programables de Lego. Tras unha charla introdutoria proporase un reto que haberá que superar en equipo usando as ferramentas que proporcionan os robots.

Martes 3 e xoves 5 de xullo
De 11.00 a 13.00 h
Para: Público infantil maior de 8 anos.

    

VIGO ARRÓLATE: PRAZAS ESGOTADAS

Vigo Arrólate Biblioteca Xosé Neira Vilas








A Concellaría de Normalización Lingüística organiza o programa VIGO ARRÓLATE en colaboración coa Biblioteca Neira Vilas. Trátase dunha proposta de dinamización da lingua galega a través dos contos e a música.


CONTOS NO COLO
Bea Campos (Migallas teatro).
Venres, 6 de xullo ás 18.30 h
Para: Público infantil dende 0 a 2 anos e acompañantes.
TOÍN TOÍN
Vigo Arrólate Biblioteca Xosé Neira Vilas 








Raquel Queizás
Venres, 13 de xullo ás 18.30 h
Para: Público infantil dende 0 a 2 anos e acompañantes.

A VIAXE DE LUP
Soledad Felloza
Venres, 20 de xullo ás 18.30 h
Para:Público infantil dende 0 a 2 anos e acompañantes.
CONTOS DO CHUPETE
Bea Campos (Migallas teatro).
Venres, 27 de xullo ás 18.30 h
Para: Público infantil dende 0 a 2 anos e acompañantes.

OBRADOIRO: de Percusión

Obradoiro de percusión: Biblioteca Xosé Neira Vilas

PREVIA INSCRICIÓN* 17 DE XULLO ÁS 10.30H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN

Un divertido e singular obradoiro creado para promover a expresión a través dunha das disciplinas musicais máis apaixonantes. Os instrumentos creados con materiais de refugallo non só achegan aos nenos/as ao mundo da música senón que os educan en valores e conciéncianos sobre a importancia de coidar o medioambiente e aproveitar e reutilizar os residuos. A través desta actividade fomentamos a actitude construtiva (comprobamos que o que se considera lixo pódese transformar nun instrumento musical), contaxiamos alegría a través da música e descubrimos a satisfacción de protexer o ecosistema.

Mércores, 8 de agosto
De 11.00 a 13.00 h
Para: Público infantil dende 3 ata 7 anos.

Xoves, 9 de agosto
De 11.00 a 13.00 h
Para: Público infantil dende 8 anos.

jueves, 14 de junio de 2018

III Premio O Ollo de Vidro

Os Equipos de Dinamización Lingüística da Escola Oficial de Idiomas e do IES Castelao de Vigo, o IES Pino Manso de Porriño a  Biblioteca Municipal do Porriño, a Biblioteca Pública Xosé Neira Vilas e o Festival de Cans en colaboración coa Asociación de Veciños do Calvario, Mercado do Calvario, Editorial Galaxia e da Deputación de Pontevedra, convocaron o III Premio “O ollo de vidro”, dentro do proxecto Recoméndoche un libro, unha canle en Youtube que ten como obxectivo a promoción da lectura, así como a visibilización e o emprego do galego como vehículo de comunicación nas redes sociais.


Este ano o xurado decidiu que os premios recaisen nas seguintes propostas:
  • A. Premio do xurado.
    Dotación económica de 400€, escultura conmemorativa e un lote de libros .
               Título do vídeo: O principiño

               Autores do vídeo:(IES Pino Manso)  Laura Lorenzo, Ainoha Martínez, Monique Otero, Lourdes Manteiga e Carlos Lago


  • B. Premio do público.
    Dotación económica de 250€ e un lote de libros.
               Título do vídeo:  Cando petan na porta pola noite

               Autores do vídeo: Centro Ocupacional do CAD da Pobra do Caramiñal


  • C. Premio Festival de Cans.
    Hotel para dúas persoas (noite de venres 25 e bado 26 de maio), dúas entradas para acceder ás curtametraxes a concurso do Festival de Cans, placa conmemorativa e un lote de libros.
              Título do vídeo:  Unha mosca agradecida

               Autores do vídeo: Luz Beloso



O xurado tamén decidiu facer dúas mencións aos seguintes vídeos:

 MENCIÓN:

 Lote de libros

             Título do vídeo:  Regueifando Contos: Marilar Aleixandre

               Autores do vídeo: CEIP Carlos Casares


MENCIÓN:

 Lote de libros

             Título do vídeo: Un can e un gato

               Autores do vídeo: CEIP Solanas


Podedes ver o resto dos traballos e a información completa 
do proxecto Recoméndoche un Libro aquí

sábado, 2 de junio de 2018

PROGRAMACIÓN XUÑO 2018



MOSTRA BIBLIOGRÁFICA: A biblioteca sae do armario

Mostra bibliográfica: biblioteca Xosé Neira Vilas

Para festexar o Día do Internacional do Orgullo LGBTI que se celebra o día 28 de xuño, a biblioteca realiza unha mostra bibliográfica durante todo este mes para unirse pola tolerancia e a igualdade.
Do 1 ao 30 de xuño
Horario de apertura da biblioteca
Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.


RECOMENDACIÓN DO MES: Federico García Lorca

Recomendación do mes María Reimóndez na biblioteca


A biblioteca Neira Vilas súmase as celebracións do “Año Lorca” e este mes, no que tamén se celebra o nacemento do autor, queremos recomendar a obra Federico García Lorca.
A mostra complétase cunha lectura pública dos textos do autor e unha representación de fragmentos da súa obra o día 5 de xuño ás 19.00h
Do 1 ao 30 de xuño
Horario de apertura da biblioteca
Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

¡PASEN I ESCOITEN! PASEN I LEAN!: Federico García Lorca

¡Pasen i escoiten! ¡Pasen i lean! Biblioteca Neira Vilas
Trátase de lecturas públicas de textos que teñen como fío condutor a figura do poeta granadino Federico García Lorca e que estarán acompañadas por diferentes representacións de fragmentos da súa obra da man do grupo de teatro Lohengrín de Vigo.
As sesións están conducidas polo voluntariado de Vigo, pero están abertas a todas aquelas persoas que desexen compartir co resto do público as súas lecturas.
Martes, 5 de xuño ás 19.00h
Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.
Aforo limitado

ACHÉGATE Á INTERNET

Achégate á internet Biblioteca Xosé Neira VilasPreséntase unha nova edición deste proxecto de alfabetización dixital, no nivel de “Iniciación I”, pensado para aquelas persoas sen coñecementos básicos no manexo do ordenador. O curso encádrase dentro das accións de formación, unha das liñas estratéxicas de traballo da biblioteca pública. A súa finalidade é formar na busca/asimilación de información e no manexo das novas tecnoloxías, requisito indispensable hoxe en día para acceder ás novas formas de información, formación e lecer.
Mércores 6 e venres 8 de xuño
De 10.00 a 12.00 h
Para: púbico maior de 16 anos sen coñecementos básicos de Internet.

CLUB DE LECTURA: De outubro a xuño


Club de lectuta Biblioteca Xosé Neira Vilas

O club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reúne dúas veces ao mes na biblioteca para comentar e valorar un libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda da coordinadora Marila Ruíz. O club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler e de intercambiar ideas e opinións.
Xoves, 7 e 21 de xuño ás 19.00 h
Para: Público socio do club.


A HORA DOS CONTOS: Trini Puentes

A hora dos Contos: Biblioteca Xosé Neira Vilas
A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura no que nos visitan diferentes artistas coas súas maletas cargadas de historias, co fin de fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura.
Venres, 8 de xuño ás 18.00 h
Para: Público infantil dende 3 anos.
Aforo limitado 

ENTRE ARROLOS E CONTIÑOS

Entre arrolos e contiños Biblioteca Xosé Neira Vilas
PREVIA INSCRICIÓN* 1 DE XUÑO ÁS 10.30 H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN

Un venres ao mes grazas a Migallas Teatro os bebés comparten coa familia un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns, espertando xa nos seus primeiros anos de vida un interese pola literatura e a tradición oral a través de contos, cancións e pequenos xogos.
Venres, 15 de xuño ás 18.00 h
Para: Público infantil de 12 meses a 3 anos.



FESTA DE PIXAMAS DE PELUCHES

Festa de los
Convidamos  ao público infantil a que deixen os seus peluches na biblioteca, para que estes celebren unha festa de pixamas durante a fin de semana. Os xoguetes gozarán da lectura, de camiñar pola biblioteca e de durmir nun espazo diferente fóra do seu fogar. O luns seguinte poderán vir a recollelo e descubrirán o ben que o pasaron.
Venres, 15 de xuño
Para: Público infantil.
Aforo limitado

 FEIRA DO LIBRO

Feira do Libro Biblioteca Neira Vilas

Unímonos a este proxecto literario onde se atopan as diferentes personalidades do sector das letras, as novidades editoriais, actividades, etc. estando presentes cunha caseta na que amosaremos os servizos e as actividades que ofrecemos á cidadanía.
Do 28 de xuño ao 7 de xullo
Horario de apertura da feira: de 11.00 a 14.00 e de 17.30 a 22.00 h
Para: Todos os públicos.
Aforo limitado