viernes, 27 de abril de 2018

MAPA LITERARIO DE VIGO-BIBLIOTECA XOSÉ NEIRA VILAS






Este Mapa Literario de Vigo é un proxecto que nace dende a Bilioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas e co queremos amosar a importancia da nosa cidade dentro da literatura. Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo, indicando algún título que nos quedou atrás ou sumando algunha nova parada ou localización que non estea incluída ou se vaia creando.
O historiador francés Pierre Nora acuñou o termo de “lugar de memoria” para designar os lugares onde se cristaliza e se refuxia a memoria colectiva, é dicir, non é calquer lugar o que se recorda, senón aquel onde a memoria actúa. Lugares coma a Porta do Sol co Sireno como testemuña de moitos acontecementos das nosas vidas e das historias de ficción ou ficcionadas que recollen estas obras, ou o barrio de Teis como testemuña directa dunha xeración perdida e das revoltas obreiras, o Berbés coma recordo das tradicións viguesas, as cales designan en moitos casos os nomes das rúas e as prazas ata o alto do Casco Vello ou o Calvario como reflexo de unión entre a veciñanza.
A novela escrita sobre a cidade conta a evolución (de ambas) e amosa a importancia da relación entre o espazo e a orde social, como os espazos mudan non só de aspecto senón tamén de identidade, barrios coma o de Coia, reflexo dun barrio obreiro dunha cidade industrial en expansión, en contraposición con barrios coma Zamáns ou Valadares que seguen mantendo o seu carácter rural e que logran rodear dun fermoso manto verde ao resto da cidade. E como non, as Illas Cíes e a bahía de Vigo coma espectadoras inmutables do noso día a día e das historias das nosas rúas.
Deste xeito a nosa cidade é un escenario dos soños, das emocións da linguaxe e das imaxes variadas dos nosos recordos e da nosa propia historia.

Se quere ver máis do noso mapa literario busca: 
https://mapaliterariodevigo.com/

jueves, 5 de abril de 2018

Programación de abril

Mostra bibliográfica: biblioteca Xosé Neira Vilas

MOSTRA BIBLIOGRÁFICA: Vigo na literatura

Con esta mostra bibliográfica queremos amosar como a nosa cidade é o marco onde transcorren díferentes historias dentro da ficción literaria.
Estas obras están a disposición das persoas usuarias da biblioteca en consulta en sala e dispoñibles así mesmo para o servizo de préstamo.
Do 1 ao 30 de abril
Horario de apertura da biblioteca
Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.
Recomendación do mes Bob Dylan na biblioteca

RECOMENDACIÓN DO MES: Javier Reverte

Mostra bibliográfica
Este mes queremos recomendar a obra de Javier Reverte, periodista e viaxeiro incansable que fixo da súa afición ás viaxes, combinada coas súas própias experiencias e a vivencia doutros grandes escritores, a base das súas novelas.
Estas obras están a disposición das persoas usuarias da biblioteca en consulta en sala e dispoñibles así mesmo para o servizo de préstamo.
Do 1 ao 30 de abril
Horario de apertura da biblioteca
Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Día do libro infantil e xuvenil - Biblioteca Neira Vilas
Festexamos o Día do Libro Infantil e Xuvenil (2 de abril) coa visita á biblioteca do alumnado do CEIP O Pombal, que realizará diferentes actividades ao redor das súas lecturas favoritas.
Martes, 3 de abril ás 11.00 h
Para: Visitas escolares

Club de lectuta Biblioteca Xosé Neira VilasCLUB DE LECTURA: 

De outubro a xuño

O club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reúne dúas veces ao mes na biblioteca para comentar e valorar un libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda da coordinadora Marila Ruíz. O club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler e de intercambiar ideas e opinións.
Xoves, 5 e 12 de abril ás 19.00 h
Para: Público socio do club.
Obradoiro de Booktubers Biblioteca Xosé Neira Vilas

 

 

OBRADOIRO DE BOOKTUBERS

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN
Coñeceremos de xeito teórico o proceso creativo e audiovisual, para compartir no YouTube comentarios e recomendacións de libros máis dinámicos.
Martes, 10 de abril ás 17.30 h
Para: público xuvenil dende 14 anos.


A hora dos Contos: Biblioteca Xosé Neira Vilas


A HORA DOS CONTOS: Trini Puentes

A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura no que nos visitan diferentes artistas coas súas maletas cargadas de historias, co fin de fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura.
Venres, 13 de abril ás 18.00 h
Para: Público infantil dende 3 anos.
Aforo limitado
Entre arrolos e contiños Biblioteca Xosé Neira Vilas

 

 

 

ENTRE ARROLOS E CONTIÑOS

PREVIA INSCRICIÓN* 2 DE ABRIL ÁS 17.00 H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN
Un venres ao mes grazas a Migallas Teatro os bebés comparten coa familia un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns, espertando xa nos seus primeiros anos de vida un interese pola literatura e a tradición oral a través de contos, cancións e pequenos xogos.
Venres, 20 de abril ás 18.00 h
Para: público infantil de 12 meses a 3 anos.
Día do libro Mapa literario de Vigo Biblioteca Neira Vilas

 

 

 

DÍA DO LIBRO: Mapa Literario de Vigo

Co gallo de festexar o Día do Libro a biblioteca presenta o proxecto de Mapa Literario de Vigo, un proxecto que quere remarcar a importancia da nosa cidade dentro da literatura.
Luns, 23 de abril ás 19.30 h
Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.
Aforo limitado

http://bibliotecaneiravilas.vigo.org/contos-daki-maria-da-pontragha/ CONTOS DAKÍ:  

María da Pontragha

Contos Dakí é un ciclo no que nos visitan algúns dos contadores e contadoras de máis renome do panorama galego e internacional para deleitarnos cos seus contos rescatados da tradición oral, pero tamén da cotianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferentes a todas aquelas persoas que teñan o pracer de escoitalas. Nesta ocasión visítanos a contadora María da Pontragha.
Venres, 27 de abril ás 19.30 h
Para: Público adulto.
Aforo limitado

... E ADEMÁIS

III Concurso "O Ollo de vidro"

As entidades colaboradoras no proxecto “RECOMÉNDOCHE UN LIBRO” convocan anualmente o concurso “O OLLO de VIDRO” para premiar os traballos audiovisuais máis valorados de entre os participantes nese proxecto, que busca divulgar vídeos recomendando lecturas ou outros traballos ao redor da animación á lectura (booktrailer, booktube ou calquera tipo de proxecto audiovisual)
https://recomendocheunlibro.com
Premios
A. Premio do xurado.
O xurado constituído a tal fin escollerá un vídeo, o que considere o mellor, dotado con 400€, escultura conmemorativa e un lote de libros.
B. Premio do público.
Resultará gañador o vídeo que obteña máis “gústame” dende o día da súa publicación ata o día e hora en que se pecha o prazo 3 de maio de 2018 ás 23:59h de Galicia. O premio está dotado con 250€ e un lote de libros.
C. Premio Festival de Cans.
O xurado constituído a tal fin escollerá un vídeo, o que considere o mellor. O premio consistirá nunha estancia para dúas persoas para acudir ó Festival de Cans: dúas noites de hotel (venres 25 e sábado 26 de maio) e dúas entradas para acceder ás curtametraxes a concurso do Festival, así como unha placa conmemorativa e un lote de libros.
Bases
Os participantes neste concurso deberán aceptar as bases cumprimentando e asinando o “Documento de aceptación de bases”.
Para máis información podedes visitar a páxina de Recoméndoche un Libro ou preguntar nas entidades organizadoras.
Destinatarios
Neste concurso poderán participar todas aquelas persoas e colectivos que o desexen.
ESPERAMOS OS VOSOS TRABALLOS!