martes, 13 de marzo de 2018

PROGRAMACIÓN DE MARZO NA BIBLIOTECA









 

Estas son as actividades que estamos a realizar neste mes de marzo na Biblioteca. 
Convidámosvos a participar e recordade que nalgunha delas precísase inscrición.


MOSTRA BIBLIOGRÁFICA: Día da Poesía

O 21 de marzo celébrase o Día da Poesía e para celebralo durante este mes de marzo realizamos unha mostra na biblioteca na que reunimos material bibliográfico e audiovisual que trate sobre a poesía.
Estas obras están a disposición das persoas usuarias da biblioteca en consulta en sala e dispoñibles así mesmo para o servizo de préstamo.

Do 1 ao 30 de marzo
Horario de apertura da biblioteca
Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.
 


RECOMENDACIÓN DO MES: Jules Verne

Mostra bibliográfica
Este mes queremos conmemorar a chegada a Vigo do escritor francés ofrecendo esta mostra bibliográfica da súa obra.
Estas obras están a disposición das persoas usuarias da biblioteca en consulta en sala e dispoñibles así mesmo para o servizo de préstamo.

Do 1 ao 30 de marzo
Horario de apertura da biblioteca
Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.
 


CLUB DE LECTURA

O club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reúne dúas veces ao mes na biblioteca para comentar e valorar un libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda da coordinadora Marila Ruíz. O club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler e de intercambiar ideas e opinións.

Xoves, 1 e 15 de marzo ás 19.00 h
Para: Público socio do club.
 


A HORA DOS CONTOS: Pavís, Pavós

A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura no que nos visitan diferentes artistas coas súas maletas cargadas de historias, co fin de fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura.

Venres, 9 de marzo ás 18.00h
Para: Público infantil dende 3 anos.
Aforo limitado


ENTRE ARROLOS E CONTIÑOS "MÉRCORES"

PREVIA INSCRICIÓN* 1 DE MARZO ÁS 10.30 H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN

Grazas a Migallas Teatro os bebés comparten coa familia un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns, espertando xa nos seus primeiros anos de vida un interese pola literatura e a tradición oral a través de contos, cancións e pequenos xogos.

Mércores, 14 de marzo ás 18.00h
Para: público infantil de 12 meses a 3 anos.




DÍA DA POESÍA: Recital Poético de Paco Barreiro

Para celebrar o Día da Poesía ofrecemos un recital poético de Paco Barreiro cunha breve charla para falar da súa obra.

Mércores, 21 de marzo ás 19.00 h
Para: Público adulto.


CONTOS DAKÍ: Paula Carballeira

Contos Dakí é un ciclo no que nos visitan algúns dos contadores e contadoras de máis renome do panorama galego e internacional para deleitarnos cos seus contos rescatados da tradición oral, pero tamén da cotianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferentes a todas aquelas persoas que teñan o pracer de escoitalas. Nesta ocasión visítanos a escritora e actriz Paula Carballeira.

Venres, 23 de marzo ás 19.30 h
Para: Público adulto.
Aforo limitado 

 


OBRADOIRO: A arte de ilustrar contos

PREVIA INSCRICIÓN* 2 DE MARZO ÁS 10.30 H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN
Realizar en conxunto un conto, creando cada un deles unha das ilustracións que o compón, baseado na maxia do cotiá. Exposición das ilustracións, do conto materializado.

Martes, 27 de marzo ás 11.00 h
Para: público infantil maiores de 8 anos.