lunes, 5 de febrero de 2018

AS CIFRAS DO ANO 2017




 
A biblioteca Xosé Neira Vilas reafirmou no ano 2017 o seu papel como punto de encontro da sociedade viguesa, consolidouse como un lugar de convivencia entre as persoas cidadáns e afianzouse como un centro moi dinámico de coñecemento, que ofrece a toda a cidadanía servizos innovadores, oportunidades para a formación e unha gran oferta de actividades.

Os servizos que ofrecemos na biblioteca son:

. Servizo de información, referencia e atención ao público

. Servizo de lectura e consulta en sala

. Servizo de hemeroteca

. Servizo de préstamo

. Servizo de autopréstamo

. Prórroga e reserva de documentos

. Desideratas.Solicitude de adquisicións

. Servizo de ofimática e internet

. Servizo de reprografía

. Servizo de audición e visionado

. Biblioteca dixital

. Servizos en liña

. Servizo de formación de persoas usuarias e soporte á formación

. Servizo de extensión cultural

. Servizo de apoio ás escolas e bibliotecas escolares

. Servizo especiais

. Servizo de asesoramento técnico a profesionais, bibliotecarios e bibliotecarias e docentes

. Servizo de queixas e suxestións



As nosas cifras do ano 2017

1.-Visitantes: 73729 persoas, cunha media diaria de 250 persoas usuarias.

2.-Persoas usuarias inscritas : 1119 novas altas nun total de 15053 persoas usuarias.

3.-Fondos: 2290 novos exemplares, nun fondo total de 19558.


4.-Desideratas : Ao longo do ano foron resoltas favorablemente 148 desideratas.

5.-Préstamos: Realizáronse 42799 préstamos.
 
6.-Servizo de internet e ofimática : durante o ano 2017 fixeron uso dos servizos de internet e ofimática 26858 persoas.
 
7.-Biblioteca dixital: foron prestados 1222 exemplares, e 516 persoas usuarias da plataforma dixital.

8.-Actividades : durante o ano 2017 fixéronse 239 actividades nas que participaron 8348 persoas.


1 comentario: