lunes, 15 de enero de 2018

De verbas a fotogramas: Ciclo de Cine


Durante este mes de xaneiro ofrecemos na bilioteca unha mostra das diferentes fórmulas de audiovisual que se realizan en Galicia, ao redor da literatura e as verbas. Visionaranse os proxectos e faremos un encontro con algún dos seus directores e protagonistas.


  • Mércores 17 de xaneiro de 2018 ás 19,00h: Isaac Díaz Pardo: ISAAC 
  •  Mércores 24 de xaneiro de 2018 ás 19,00h: Xosé Neira Vilas: O espantallo amigo
  • Mércores 31 de xaneiro de 2018 ás 19,00h: Marcial Lafuente Estefanía



 ISAAC
O Documental dirixido por Xosé Abad “ISAAC” sobre a figura de Isaac Díaz Pardo, .
Coproducido por EAF Produccións e CRTVG, e coa colaboración da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e da Consellería de Cultura e Deporte:
“ISAAC” e un documental sobre Isaac Díaz Pardo, o fundador, promotor e primeiro traballador do Laboratorio de Formas, de Cerámicas do Castro, de Sargadelos, de Edicións do Castro e do Instituto Galego da Información.

Baixo a dirección de Xosé Abad e con guión de Carlos Vázquez, realizouse este documental que, sen renunciar a elementos biográficos, pretende amosar sen artificios, o pensamento, a opinión e os sentimentos de Isaac Díaz Pardo sobre o seu tempo, o seu mundo e o seu país. Economía, Emigración-Inmigración, a guerra do Irak ou lembranzas da República e da Guerra Civil son temas sometidos no documental á súa disección lúcida. Aos seus 87 anos, cunha saúde intelectual envexable, Isaac é quen de ofrecernos a súa opinión sempre comprometida e excepcionalmente libre e libertaria.
Isto quere contarse con ritmo vivo, sentido do humor e a clarividencia que lle son propias a perxonaxe galega máis relevante e fértil de todo o século vinte e parte do vinteún.
En definitiva “ISAAC” ven sendo Isaac.

O ESPANTALLO AMIGO

XOSÉ NEIRA VILAS abre as portas da súa casa e da súa memoria para amosarnos, nunha entrevista, un percorrido polas súas andaduras vitáis e literarias. Ao mesmo tempo transcorre en paralelo a animación do seu conto O Espantallo Amigo. Realidade e ficción terminan por mesturarse, escenificando unha fermosa apoloxía á xenerosidade, á amizade e ao poder expansivo da lingua galega.
Para recrear o conto de O Espantallo Amigo foi necesario realizar un esforzo a nivel de animación e integración 3D en contornas reais. Nada que non poida solucionar a ilusión que transmitiu o gran Neira Vilas, un home inmenso, xeneroso, apaixonado, cun inabarcable saber e unhas ganas inesgotables de ser útil aos seus 87 anos.


M.L ESTEFANÍA. GALICIA, MÁIS OESTE QUE NUNCA

Mediante testemuños e material de arquivo abórdase a figura de D. Marcial Lafuente Estefanía, popular autor de novelas do Oeste, que comezou a súa carreira en Vigo nos anos 40, da man da Editorial Cíes, a primeira galega da posguerra.
Entre os participantes destaca Federicio Lafuente, fillo de Marcial que segue escribindo as noveliñas do pai, e con profundos lazos con Vigo ao transcorrer aquí a súa infancia e adolescencia. Xunto a él entrevístase a escritores como Fernando Sabater, X.L. Mendez Ferrín, Francisco G. Ledesma, Eduardo Mendicutti ou Domingo Villar; especialistas como Carlos Abraham, Fernando Eguidazu e Pedro Puialto; ou á popular autora de novela rosa Corín Tellado, falecida en 2009, e que concedeu a súa última entrevista para este documental.
Por outra banda, lectores e vendedores, de España e Latinoamérica, axúdannos a comprender a vixencia do fenómeno Estefanía. O documental desprázase, con este obxecto, a Barcelona, Madrid, Montevideo, Managua ou Bos Aires.
Inédito material de arquivo, localizado tras unha exhaustiva labor de investigación, complementa os citados testemuños. Resaltar, o apoio da familia do fundador de Cíes, Barrientos, que proporcionou fotografías e documentos diversos cos que se puido reconstruir a intensa actividade da editorial nos seus 20 anos de existencia.
Finalmente, a modo de noveliña, o documental inclúe o considerado primeiro western galego ou grelos- western, ‘NAIPE DE SANGUE’, estrenado no Festival de Cans, en maio de 2010 e protagonizado por Silvia Superstar e Eladio Santos entre outros. Este curtametraxe despertou o interese dos medios de comunicación e cosechou un gran éxito do público e a crítica; resultando seleccionado para competición, entre máis de 700 producións de todo o mundo no Festival Internacional de Cine de Ourense.



No hay comentarios:

Publicar un comentario