jueves, 20 de julio de 2017

Recomendación do mes: Gloria Fuertes

Rodeada de polémica celebramos este mes o centenario desta escritora. Recordada por todos pola súa faceta como poeta dos nenos, fixo que toda unha xeración de rapaces descubríramos que a poesía ademais de necesaria tamén podía ser divertida. 

Unha muller con moitas máis facetas a destacar e cunha cara B para descubrir.





Grazas ao centenario podemos disfrutar da reedición de moitas das súas obras coma "Poemas de la oca loca". Que fermosa sorpresa atopar este libro editado por Kalandraka coas ilustraciones de Miguel Ángel Pacheco, unha pequena "magdalena de Proust" literaria que nos evoca as tarde de merenda de pan con Tulipan e azucre (hoxe merenda impesable) dos nenos da famosa xeración da E.G.B. 


Tamén aparecen outros títulos coma: "Me crece la barba: Poemas para mayores y menores", "Geografía Humana y otros poemas: Antología poética de 1950-2005", "La Poesía no es un cuento"... Libros que podedes atopar na biblioteca.


Gloria Fuertes traballou e defendeu a literatura. Creou revistas especializadas, organizou a primeira Biblioteca Infantil ambulante, levando libros e loitando contra o analfabetismo por medio país.



Dende 1961 a 1963 reside nos Estados Unidos ao obtener unha beca Fullbright de Literatura Española. Imparte clases nas universidades de Bucknell, Mary Baldwin e Bryn Mawr.


 Avión da compañía Norwegian adicado a Gloria Fuertes
 
Nos setenta chega a súa etapa máis mediática colaborando en programas da televisión (a única) como Un globo, dos globos, tres globos e La cometa blanca. 




El gato Garabato 



En 1975 co seu libro Cangura para todo foi galardoada co diploma de Honor do Premio Internacional de Literatura Infantil Hans Christian Andersen, o que a sitúa entre os grandes da LIX.
 
 É tanta a súa fama nos 80 que ata os cómicos Martes y 13 no seu especial de Fin de Año de 1886 fan este divertido homenaxe do que todos nos lembramos e non podemos para de rir co seu famoso poema:

"En USA no se usa
la ensaladilla Rusa"

 Martes y 13

E grazas a ela toda unha xeración aprendimos a "tabla de multiplicar" dun xeito divertido e sinxelo... e visto dende a distancia totalmente kitsch. Pero cunha mensaxa clara:

9 x 3 = 27 Si no estudio soy un zoquete

Enrique y Ana 

Parafraseando (lembro escoitalo) ao noso querido Xosé Neira Vilas dicía: que para facer zocas para nenos tíñase que ter a técnica igual que para facer as zocas para adultos pero coa complexidade de ser máis pequenas. E Gloria Fuertes tiña técnica, ironía e moito amor pola poesía e pola literatura.

Así que por todo isto, e a pesar dalgúns ilustres escritores, queremos celebrar o centenario do seu nacemento e recomendarvos a obra desta autora, dende os poemas e contos para os máis pequenos da casa ata a súa obra para adultos.


 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario