viernes, 28 de julio de 2017

Quen dixo que as bibliotecas están baleiras no verán?

Durante este mes de xullo a biblioteca estivo chea de actividades e de xente botade un ollo a todas as actividades que fixemos durante este mes:


FESTA DE PIXAMA DE PELUCHES

Os máis pequechos da biblioteca trouxeron a sesión de contos do día 30 os seus peluches preferidos para que pasasen a noite na biblioteca nunha GRAN FESTA PARA PELUCHES.




 Fixeron unha morea de cousas divertidas, tiveron unha sesión de contos, xogaron as agachadas, viron unha película e coñeceron o traballo que facemos na biblioteca. Despois cearon, lavaron os dentes e contamos un conto antes de durmir.


O día seguinte os nenos viñeron a recoller aos seus bonecos e atopáronse cunha fermosa sorpresa... os seus peluches escribíronlles a cada neno unha carta contando o ben que o pasaran e que libro foi o que mais lle gustou e se podían levalo a casa para lelos xuntos. Ademais da carta no sobre viñan un par de fotografías como lembranza de aquela noite.




FEIRA DO LIBRO

Como cada ano a biblioteca estivo presenta na Feira do Libro de Vigo, acompañando as librerías da cidade e as diferentes personalidades di sector das letras.

Aínda que a nosa compañeira Inés pasou moita calor, alegrouse moito coas visitas dos nosos socios.




OBRADOIRO DE PAPAVENTOS


Durante os días 5 e 6 fixemos un pequeno obradoiro para que os nenos aprendesen a facer os seus propios papaventos.

E quedáronnos uns traballos ven fermosos!






O MES ADICADO A GLORIA FUERTES

Neste mes de xullo celébrase o centenario do nacemento desta escritora e para celebralo a biblioteca realizou diferentes actividades.

Recomendación do mes: Unha mostra cos libros da autora na biblioteca.


Pasen i escoiten, Pasen i lean: Os voluntarios adicaron esta sesión a homenaxear o traballo de Gloria Fuertes





Es importante que los niños lean poesía.
Y es más que importante, es necesario…


CLUB DE LECTURA XUVENIL

Este ano comezamos con esta iniciativa para achegar á este público á biblioteca e disfrutar do tempo libre de verán.




Nestas primeiras sesións adicáronse a obra Persépolis de Marjane Satrapi.

Os rapaces fixeron un lapbook onde plasmaron o que máis relevante da obra e o que máis lles gustou.



INTERCAMBIO DE POSTAIS

Ademais dos rapaces do club de lectura outros rapaces usuarios da biblioteca participaron neste intercambio internacional de postais  que propuxo a Cumberland Public Library  e Rhode Island de Estados Unidos.




VISITAS

Neste mes xa non temos visitas escolares pero aínda así son moitos os centros que acoden as visitas que realizamos na biblioteca.

Este mes visitáronnos os rapaces da Ludoteca Inclusiva APAMP e a Fundación IGUAL ARTE.





 
 CITA A CEGAS

Poñemos á disposición das persoas usuarias unha serie de paquetes pechados que poden levar a casa emprestados sen saber o que hai dentro ata que ao abrilo desvelen o seu segredo, atopándose co que pode chegar a ser un gran amor literario.

 





ESPAZOS DE VIDA
 
Durante estes meses temos na biblioteca unha mostra de libros sobre arquitectura. Un fermosa achegamento o traballo que realizan algúns dos arquitectos máis emblemáticos de todos os tempos e as construcións ao longo da historia.
Unha mostra para todas as idades e con todo tipo de libros... cómic, poesía, álbum ilustrado, etc.

 

jueves, 20 de julio de 2017

Recomendación do mes: Gloria Fuertes

Rodeada de polémica celebramos este mes o centenario desta escritora. Recordada por todos pola súa faceta como poeta dos nenos, fixo que toda unha xeración de rapaces descubríramos que a poesía ademais de necesaria tamén podía ser divertida. 

Unha muller con moitas máis facetas a destacar e cunha cara B para descubrir.





Grazas ao centenario podemos disfrutar da reedición de moitas das súas obras coma "Poemas de la oca loca". Que fermosa sorpresa atopar este libro editado por Kalandraka coas ilustraciones de Miguel Ángel Pacheco, unha pequena "magdalena de Proust" literaria que nos evoca as tarde de merenda de pan con Tulipan e azucre (hoxe merenda impesable) dos nenos da famosa xeración da E.G.B. 


Tamén aparecen outros títulos coma: "Me crece la barba: Poemas para mayores y menores", "Geografía Humana y otros poemas: Antología poética de 1950-2005", "La Poesía no es un cuento"... Libros que podedes atopar na biblioteca.


Gloria Fuertes traballou e defendeu a literatura. Creou revistas especializadas, organizou a primeira Biblioteca Infantil ambulante, levando libros e loitando contra o analfabetismo por medio país.



Dende 1961 a 1963 reside nos Estados Unidos ao obtener unha beca Fullbright de Literatura Española. Imparte clases nas universidades de Bucknell, Mary Baldwin e Bryn Mawr.


 Avión da compañía Norwegian adicado a Gloria Fuertes
 
Nos setenta chega a súa etapa máis mediática colaborando en programas da televisión (a única) como Un globo, dos globos, tres globos e La cometa blanca. 




El gato Garabato 



En 1975 co seu libro Cangura para todo foi galardoada co diploma de Honor do Premio Internacional de Literatura Infantil Hans Christian Andersen, o que a sitúa entre os grandes da LIX.
 
 É tanta a súa fama nos 80 que ata os cómicos Martes y 13 no seu especial de Fin de Año de 1886 fan este divertido homenaxe do que todos nos lembramos e non podemos para de rir co seu famoso poema:

"En USA no se usa
la ensaladilla Rusa"

 Martes y 13

E grazas a ela toda unha xeración aprendimos a "tabla de multiplicar" dun xeito divertido e sinxelo... e visto dende a distancia totalmente kitsch. Pero cunha mensaxa clara:

9 x 3 = 27 Si no estudio soy un zoquete

Enrique y Ana 

Parafraseando (lembro escoitalo) ao noso querido Xosé Neira Vilas dicía: que para facer zocas para nenos tíñase que ter a técnica igual que para facer as zocas para adultos pero coa complexidade de ser máis pequenas. E Gloria Fuertes tiña técnica, ironía e moito amor pola poesía e pola literatura.

Así que por todo isto, e a pesar dalgúns ilustres escritores, queremos celebrar o centenario do seu nacemento e recomendarvos a obra desta autora, dende os poemas e contos para os máis pequenos da casa ata a súa obra para adultos.