viernes, 26 de mayo de 2017

II Premio O Ollo de Vidro

Gañador do Premio do Xurado

LER É SEXY de Sergio Otero

Un divertido vídeo onde Sergio mostranos os segredos 
máis sensuais da lectura




Gañador do Premio do Público

DEATH NOTE de Iago Moreiras

O vídeo máis valorado na Canle de Youtube Recoméndoche un libro foi para o traballo de Iago. Un booktrailer da novela gráfica Death Note de Tsugumi Ōba e ilustrada por Takeshi Obata.




ACCÉSIT

O xurado decidiu otorgar tres accésit de forma extraordinaria.

1º ACCÉSIT

A PRAIA DOS AFOGADOS de Laura Pérez e Rosalía Pumares

Un booktuber da novela de Domingo Villar A praia dos afogados, onde as rapazas percorren as diferentes localizacións reais que aparecen na novela.



2º ACCÉSIT

Cartas de Inverno de Juan Castro

Juan amósanos o misterio universo da obra de Agustín Fernández Paz 
neste booktrailer de Cartas de Inverno


3º ACCÉSIT

CEIP Chans de Brembrive

O xurado do II Premio O Ollo de Vidro quixo premiar o traballo realizado polos alumnos do CEIP Chans Bembrive xa que presentaron varios traballos onde amosase a súa paixón polos libros e tamén o compromiso do profesorado. 




E para pechar estes premios algo de música...

EU QUERO UN LIBRO de María Isabel Otero