miércoles, 15 de marzo de 2017

Recoméndoche un libro

A Bibloteca Neira Vilas xunto coa Escola Oficial de Idiomas é o IES Castelao continúan co proxecto "Recoméndoche un libro", para a visibilización e o emprego do galego e a animación á lectura.


Canle de YouTube
Unha das vías escollidas é a creación dunha canle de Youtube para colgar recomendacións de lecturas ou outro tipo de documentos audiovisuais enfocados á animación lectora.


                                               Vídeo gañador do I Concurso O Ollo de Vidro 

 Se queres facer un vídeo recomendando algún libro podes ver os requisitos precisos aquí

 

II Concurso "O Ollo de vidro" 

As entidades colaboradoras no proxecto “RECOMÉNDOCHE UN LIBRO” convocarán anualmente o concurso “O OLLO de VIDRO” para premiar os traballos audiovisuais máis valorados de entre os participantes nese proxecto.

Premios
    Haberá dúas modalidades:
    • Premio do xurado. O xurado constituído a tal fin escollerá un vídeo, o que considere o mellor, de entre os presentados
        Premio do Xurado: 300€ + figura conmemorativa do artista Miguel Vázquez +Lote de libro (Agasallo da Editorial Galaxia)

       
    •  Premio do público. Resultará gañador o vídeo que obteña máis “gústame” dende o día da súa publicación ata o día e hora en que se pecha o prazo (23 de maio ás 23:59h de Galicia). 
               Premio do público:  200€+ Lote de libro (Agasallo da Editorial Galaxia)
        
O resultado da modalidade A e mais o ditame da modalidade B do concurso faranse públicos o día 25 de maio de 2017 nas páxinas web das tres entidades convocadoras. O ditame será inapelable.


Bases
Os participantes neste concurso deberán aceptar as bases cumprimentando e asinando o “Documento de aceptación de bases”.

Para máis información podedes visitar a páxina de Recoméndoche un Libro ou preguntar nas entidades organizadoras.

ESPERAMOS OS VOSOS TRABALLOS!
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario