viernes, 10 de febrero de 2017

Facemos reconto...



Chega o momento de facer reconto do ano 2016 e pararnos a contabilizar toda a xente que pasou pola biblioteca para ler os xornais, facer un traballo en grupo, quedar a contar contos aos fillos ou entrar para pasar un ratiño sen máis. Tamén para ver o número de préstamos que realizaron durante o ano e o número de actividades que realizou a biblioteca e toda a xente que participou nelas.

Aquí deixamos os números:

Nº de socios totais
13.934
Visitantes no 2016
76.760
Préstamos no 2016
37.065
Fondo total da biblioteca
17.995
Actividades realizadas no 2016
204
Asistentes as actividades no 2016
7.060



Moitas grazas a todos que o facedes posible!





E os deixamos que temos que seguir traballando...

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada