lunes, 20 de febrero de 2017

Día do gato

Hoxe 20 de febreiro celebrase o Día Mundial do Gato, conta a lenda (ou máis ben as redes sociais) que esta data na que se homenaxea a este felino débese a que se conmemora o día no que morreu Socks, a emblemática mascota da familia Clinton na Casa Blanca no 1993. 
 
 Aquí o presidencial gato gozando dos seus agasallos navideños
 
Dende a biblioteca tamén queremos sumarnos a esta día tan especial para os escritores, ilustradores, editoriais e lectores... e se pensades que somos esaxerados  deixámos a proba da importancia do gato na literatura:

Gatos na literatura 

O gato con botas: Un conto popular europeo que provén da tradición oral e o que Charles Perrault deulle a forma escrita.  Gustavo Doré fixo unha das primeiras ilustracións deste personaxe.
Alicia no País das marabillas: Un dos personaxes máis carismáticos da obra de Lewis Carroll é o gato de Cheshire. Ilustrada por John Tenniel.
O gato negro: Trátase dun dos máis famosos contos de Edgar Allan Poe e, sen dúbida, un dos máis sinistros e macabros. Ilustración de Benjamin Lacombe
 Kafka en la orilla: A novela de Haruki Murakami conta coma un personaxe, Nakata, do máis inusual: pode comunicarse cos gatos.

O bosque animado: Aquí  Wenceslao Fernández Flórez describe a  un gato, Morriña, que un bo día decide saír da súa casa e únese ao clan dos gatos, que se chaman a si mesmos "panteritas".

Gato encerrado: a xeración Beat tamén dota aos gatos do seu merecido protagonismo con esta novela de William Burroughs.

O gato: na súa obra mestra As flores do mal, Charles Baudelaire escribiu un fermoso poema sobre os gatos

Gatos na banda deseñada                                                               

 Este felino visitou numerosas páxinas do cómic saltando, durmindo, comendo lasaña, planeando ou resolvendo algún asasinato.


                                                          Felíx o gato












Garfield creada por Jim Davis


Blacksad de Juan Díaz Canales como guionista e Juanjo Guarnido como debuxante


 
Gatos e escritores


As veces estes animaliños deixan de enredar e quedan durmidos onde sexa, mellor se é un sitio onde molesten, como encima do traballo que estas a facer ou enriba de ti, por isto é polo que pasaron todos estes escritores.

BORGES
 
 
 T. CAPOTE
BUKOWSKI



CORTÁZAR


E. GOREY

Editoriais e gatos
Hai editores tan tolos polos gatos que decidiron facer todo un catálogo de libros de gatos é o caso da editorial Lata de Sal é a súa Colección Gatos

Na que podedes atopar algúns títulos coma estes:




E para que poidades gozar destes gatos e moitos máis durante este mes temos unha mostra bibliográfica sobre gatos na biblioteca.

No hay comentarios:

Publicar un comentario