lunes, 30 de enero de 2017

Día da Ilustración


Para celebrar o nacemento de Castelao dende hai catro anos celébrase en Galicia o 30 de xaneiro o Día da Ilustración.

Unha data para homenaxear a todas aquelas persoas que realizan as imaxes dos libros, dos cartazes, dos CD, banda deseñada, murais, camisetas, vinilos, etiquetas, cuncas... e toda clase de obxectos para facelos máis fermosos e interesante

Este ano, por iniciativa da AGPI  homenaxease a un dos grandes ilustradores galegos históricos, Álvaro Cebreiro (A Coruña, 1903-1956), coa intención de dar un merecido tributo e revalorizar a súa contribución á nosa cultura e á nosa sociedade. Ademais a Biblioteca e Arquivo de Galicia organiza unha exposición,  Cebreiro: o trazo da vangarda, centrada na súa obra. A mostra poderá visitarse ata o próximo 7 de marzo. Dende a AGPI produciu, coa colaboración da Subdirección Xeral de Bibliotecas, un pequeno vídeo para a difusión da súa vida e obra en internet, especialmente nas redes sociais: 



O cartaz da edición deste ano está a cargo da ilustradora Talía García, coñecida como Perrilla.


No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada