martes, 23 de agosto de 2016

ACTIVIDADES PARA O MES DE SETEMBRO: Obradoiro de cine e Terrazas de verán


Seguindo a nosa programación de verán, a biblioteca Xosé Neira Vilas ten programado para o mes de setembro máis actividades para que disfrutedes da programación de animación e actividades para todas as idades.

Terrazas de verán 
8 de setembro: Encontro co escritor Fran P. Lorenzo, autor de "Cabalos e Lobos".Será un encontro informal cos lectores e lectoras, unha charla amigable onde as persoas participantes poderán falar, preguntar ao escritor e intercambiar opinións sobre o que rodea ao mundo literario. Serás ás 19:00 h.

9 de setembro: Cabaré musical: Lilí Berlín. Suso Alonso e Blanca Cendán preséntannos o cabaré musical Lili Berlín: crítica social ilustrando as melodías de compositores como Kurt Weill, Friedrich Höllander, Scott Joplin, John Kander,....Será tamén ás 19:00 h.

Obradoiro de cine : unha viaxe a través do cine fantástico e de terror

20,22,27 e 29 de setembro: Neste obradoiro preténdese facer un achegamento entretido a un dos xéneros máis carismáticos e imaxinativos do cine e a literatura. Será en horario de 18:00 a 20: 00 horas, e haberá 15 prazas para realizalo. A inscrición para o mesmo será a partir das 10.30 horas do 1 de setembro, e estará enfocado para público adulto a partir de 16 anos.

Dende a biblioteca animádevos a participar nestas actividades que rematarán a programación estival deste caluroso verán 2016


jueves, 18 de agosto de 2016

AUTOR DO MES : AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

Agustín Fernández Paz ( 1947-2016) foi en 2008 Premio Nacional de Literatura pola obra "O único que queda é o amor". É un dos escritores máis coñecidos e valorados no ámbito da literatura infantil e xuvenil, tanto en Galicia como no resto de España.
Na nosa biblioteca contamos cunha extensa lista de obras deste magnífico autor e excelente persoa, cunha calidade humana moi grande. Animádevos a ler algunha das súas novelas, contos, poesías, e veredes da grandeza dun grande escritor.
Obras: As flores radiactivas, Cartas de inverno, O único que queda é o amor, Un radiante silencio, Rapazas, A neve interminable, Las hadas verdes, Aire negro, Lúa de Senegal, A praia da esperanza, Malos tempos para os fantasmas, Noites de voraces sombras, Corredores de sombras, O rastro que deixamos, Desde unha estrela distante, Non hai noite tan longa, A viaxe de Gagarín, .....