viernes, 29 de julio de 2016

Novo servizo de autopréstamo

A biblioteca Neira Vilas no seu afán de incorporar as novas tecnoloxías inaugura o novo servizo de autopréstamo.


Con este novo servizo os usuarios poderán emprestar e devolver os seus libros e Cds de música de forma independente e sen ter que pasar polo mostrador. O usuario ten que ter consigo o seu carné de socio para poder acceder a este servizo xa que é necesario pasar o código de barras que o identifica por o lector e seguir as indicacións que vai indicando a pantalla.



martes, 12 de julio de 2016

AUTOR DO MES. Patrick Modiano


Neste verán de 2016, a biblioteca Neira Vilas e dentro do seu programa de "Autor do mes" recomenda as lecturas de Patrick Modiano para pasar unhas tardes moi entretidas.

Novelista francés, gañador do Gran Premio de Novela da Academia Francesa, do Premio Goncourt e do premio Nobel de Literatura.

Na biblioteca Neira Vilas temos os seguintes títulos do autor deste mes, por si vos animades a lelos nestes días calurosos á beira do mar:
-La hierba de las noches
-Trilogía de la ocupación
- Para que no te pierdas en el barrio
-Ropero de la infancia
-Catherine

Boas lecturas!!!!!

sábado, 2 de julio de 2016

A miña experiencia na Biblioteca Xosé Neira Vilas

Gran parte da nosa vida vivímola en ciclos, uns bos, outros non tanto, pero o que aquí vou a rematar foi dos mellores que eu tiven. Hoxe culmino a miña etapa na Biblioteca Xosé Neira Vilas.
A nivel profesional non podía estar máis contenta: un traballo que responde á miña formación académica, nunha biblioteca de renome, ambiciosa, adaptada aos novos tempos e moi preocupada por difundir a nosa cultura. Unha biblioteca de proximidade que se ergue como un lugar de encontro para comunidade, cun montón de actividades, obradoiros, espectáculos para todas as idades e que visitan cada ano unha morea de escolas, organizacións e centros de diferente natureza...Como ía imaxinar eu que se ía traballar tanto! De seguro que algunha vez escoitástedes iso de “Pequena pero matona”.
Agora ben, o mellor sen dúbida desta experiencia foron os compañeiros. Fixéronme entender que cun bo equipo de traballo se poden lograr moitas cousas e só convosco puiden visualizar isto dun xeito xenial. Síntome moi afortunada de ter coñecido a persoas tan valiosas que contaxian o seu entusiasmo e as ganas de ser os mellores.
Anxo, Susana e Noelia oxalá non cambiedes nunca. Isto, por suposto que non é un adeus, é un ata logo sincero e de todo corazón.