martes, 23 de agosto de 2016

ACTIVIDADES PARA O MES DE SETEMBRO: Obradoiro de cine e Terrazas de verán


Seguindo a nosa programación de verán, a biblioteca Xosé Neira Vilas ten programado para o mes de setembro máis actividades para que disfrutedes da programación de animación e actividades para todas as idades.

Terrazas de verán 
8 de setembro: Encontro co escritor Fran P. Lorenzo, autor de "Cabalos e Lobos".Será un encontro informal cos lectores e lectoras, unha charla amigable onde as persoas participantes poderán falar, preguntar ao escritor e intercambiar opinións sobre o que rodea ao mundo literario. Serás ás 19:00 h.

9 de setembro: Cabaré musical: Lilí Berlín. Suso Alonso e Blanca Cendán preséntannos o cabaré musical Lili Berlín: crítica social ilustrando as melodías de compositores como Kurt Weill, Friedrich Höllander, Scott Joplin, John Kander,....Será tamén ás 19:00 h.

Obradoiro de cine : unha viaxe a través do cine fantástico e de terror

20,22,27 e 29 de setembro: Neste obradoiro preténdese facer un achegamento entretido a un dos xéneros máis carismáticos e imaxinativos do cine e a literatura. Será en horario de 18:00 a 20: 00 horas, e haberá 15 prazas para realizalo. A inscrición para o mesmo será a partir das 10.30 horas do 1 de setembro, e estará enfocado para público adulto a partir de 16 anos.

Dende a biblioteca animádevos a participar nestas actividades que rematarán a programación estival deste caluroso verán 2016


No hay comentarios:

Publicar un comentario