sábado, 2 de julio de 2016

A miña experiencia na Biblioteca Xosé Neira Vilas

Gran parte da nosa vida vivímola en ciclos, uns bos, outros non tanto, pero o que aquí vou a rematar foi dos mellores que eu tiven. Hoxe culmino a miña etapa na Biblioteca Xosé Neira Vilas.
A nivel profesional non podía estar máis contenta: un traballo que responde á miña formación académica, nunha biblioteca de renome, ambiciosa, adaptada aos novos tempos e moi preocupada por difundir a nosa cultura. Unha biblioteca de proximidade que se ergue como un lugar de encontro para comunidade, cun montón de actividades, obradoiros, espectáculos para todas as idades e que visitan cada ano unha morea de escolas, organizacións e centros de diferente natureza...Como ía imaxinar eu que se ía traballar tanto! De seguro que algunha vez escoitástedes iso de “Pequena pero matona”.
Agora ben, o mellor sen dúbida desta experiencia foron os compañeiros. Fixéronme entender que cun bo equipo de traballo se poden lograr moitas cousas e só convosco puiden visualizar isto dun xeito xenial. Síntome moi afortunada de ter coñecido a persoas tan valiosas que contaxian o seu entusiasmo e as ganas de ser os mellores.
Anxo, Susana e Noelia oxalá non cambiedes nunca. Isto, por suposto que non é un adeus, é un ata logo sincero e de todo corazón.


No hay comentarios:

Publicar un comentario