miércoles, 13 de abril de 2016

Abril, o mes do libro

A Biblioteca ofrece diversas actividades e obradoiros durante este mes para celebrar xuntos que o 23 de abril é o Día do Libro:

-O xoves 14 ás 18:00h. é "A HORA DOS CONTOS". Actividade de  animación a lectura para o público infantil dende 3 ata 10 anos.

- O venres 15 ás 18:00h. "ENTRE ARROLOS E CONTIÑOS". Para bebés dende 12 meses ata 3 anos, achegamos os máis cativos a paixón pola lectura. (prazas cubertas!)

- O luns 18 comeza a mostra bibliográfica "400 ANOS DE CERVANTES". Con motivo do IV Centenario da morte de Miguel de Cervantes, presentamos unha mostra coa que achegarse a este xenio da literatura universal. Estará vixente ata o sábado 30. 

- O luns 25 ás 18:00h. "OBRADOIRO DE PAPEL MÁRMORE". Para público adulto. Inscríbete neste obradoiro onde aprenderemos a elaborar papel mármore, técnica utilizada tradicionalmente na encadernación.

- O martes 26 ás 18:30h. "ARAÑEIRA DE LINGUAS". Público familiar. O Colexio Mariano presenta na Biblioteca o seu proxecto de dinamización lectora, no que a través de diferentes traballos amosan o seu gusto pola lectura.

- O xoves 28 ás 18:00h. "AS TARDES DO ROQUE". Actividade de animación á lectura para rapaces dende 3 ata 10 anos.

- O venres 29 ás 19:30h. "CONTOS DAKÍ". Para público adulto. María da Pontragha ven a contar historias cheas de retranca e de humor.

No hay comentarios:

Publicar un comentario