sábado, 20 de febrero de 2016

A Biblioteca Neira Vilas intégrase no Catálogo Único da Rede de Bibliotecas de Galicia


AVISO IMPORTANTE

A Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas intégrase dende o vindeiro luns 22 de febreiro na posta en marcha do Catálogo Único da Rede de Bibliotecas de Galicia, que nunha primeira fase inclúe ás Bibliotecas Nodais da Xunta de Galicia (entre elas a Juan Compañel) e ás bibliotecas municipais dos concellos de Vigo, Sanxenxo, Laxe, Oleiros e Ortigueira.

Este importante paso para a conformación da Rede supón que as persoas usuarias destas bibliotecas poderedes facer uso do voso carné en calquera dos outros centros que se integren nesta primeira etapa. Haberá tamén cambios no que se refire ao servizo de préstamo, variando o número de documentos prestables e os prazos de devolución dos mesmos. 

Entre o luns 22 e o mércores 23 levaranse a cabo os traballos de integración, polo que será imprescindible presentar o carné de socio para poder facer uso do servizo de préstamo e devolución. Dito servizo, quedará interrumpido o mércores 23 en horario de tarde, volvendo a restablecerse con normalidade o xoves 24.

Podedes consultar toda a información no seguinte enlace:

1 comentario: