jueves, 22 de diciembre de 2016

Mostra de Nadal


O Nadal é tempo de amor e alegría para compartir coa familia e os amigos, para coidar dos seres queridos, xa sexas un neno, un gnomo, un robot ou un moneco de neve pero tamén é tempo para Papá Noeís cascarrabias ou seres como o Grinch, Jack ou o Señor Scrooge que odian as panxoliñas, os agasallos e todo o que significan estas datas, ou tempo para cambiar de parecer.


Aquí vos deixamos os títulos desta Mostra sobre o Nadal para que os leades e descubrades todo o máxico destas datas:

  • Contos de Santos e Nadal / Ramón Otero Pedrayo Narrativa: Vigo : Galaxia 2003 Edición: 3 ed ISBN: 84-8288-609-6
  •   O nadal / Colectivo "Ollo de Sapo", Azucena Arias Correa ; ilustracións, Xaime Asensi Festas na escola Vigo : Ir Indo, 1998 ISBN: 84-7680-263-3
  •   Un canguro polo nadal / historia e ilustracións de James Flora ; [tradución, Rafa Salgueiro] Vintage (Lata de sal)  Flora, James : [Madrid] : Lata de Sal 2012 : ISBN: 978-84-940584-1-7
  •   O Espírito do Nadal / ilustrado por Nancy Tillman; [tradución ao galego, Millán Picouto]  Tillman, Nancy : Ourense : Linteo 2012 : ISBN: 978-84-96067-72-1
  •   Contos de Reis e de Nadal / Miguel Vázquez Freire ; ilustracións de Xosé Tomás. Merlín  Vázquez Freire, Miguel  : Vigo : Ediciós Xerais de Galicia 2007 ISBN: 978-84-9782-632-7
  •   Nueva York en Navidad : 300 ideas y direcciones : actualizada/ [textos Noelia Sastre] Guía viajar 
  • Pesadilla antes de Navidad / texto e ilustraciones de Tim Burton ; [Vanesa Pérez-Sauquillo Muñoz, trad.]  Burton, : Barcelona : Alfaguara, 2015 : [46 p.] : ISBN: 978-84-204-8251-4
  •   Retablillo de Navidad / Aquiles Nazoa Rimas y adivinanzas (Ekaré)  Nazoa, Aquiles Caracas : Ekaré 2007 ISBN: 980-257-332-9
  •   Olivia recibe la Navidad / escrito e ilustrado por Ian Falconer ; traducción de Teresa Mlawaer Los especiales de A la orilla del viento (Fondo de Cultura Económica)  Falconer, Ian : México : Fondo de Cultura Económica 2008 ISBN: 978-968-16-8564-5
  •   La mejor Navidad / Chih-Yuan Chen ; [traducción : Aloe Azid] Trampantojo (Thule)  Chen, Zhiyuan : Barcelona : Thule, 2006 : ISBN: 978-84-96473-50-8
  •   ¡Cómo el Grinch robó la navidad! / Dr. Seuss  Seuss Geisel, Theodor : Barcelona : Besacoa 2015 Edición: 1ª ed SBN: 978-84-488-4464-6
  •   Cuento de Navidad / Charles Dickens ; adaptación, notas y actividades Pablo Antón Pascual ; ilustraciones Christian Birmingham. ( Cucaña ) ; 25  Pascual, Pablo Antón. : Barcelona : Vicens Vives 2015 Edición: 1ª ed., 16ª reimp.ISBN: 978-84-316-7167-9
  •   Navidad gallega : panxoliñas/ Coral Domingo Fontán    Descripción: Madrid : Dial Discos 1995 : 1
    disco (CD
  •   Marcela en Navidad / Ana García Castellano ; ilustraciones de Ximena Maier Sopa de libros ; 134  García Castellano, Ana : Madrid : Anaya 2009 : 88 ISBN: 978-84-667-8448-1
  •   Ghostgirl : canción de Navidad/ Tonya Hurley ; traducción de Montserrat Nieto  Hurley, Tonya : Madrid : Alfaguara 2012 : ISBN: 978-84-204-0361-8
  •   O apalpador / Xoán G.  Xoán G. : Cesuras (A Coruña) : Biblios Clube de Lectores 2009 : [22] p. : 978-84-937323-5-6
  •   A estrela de Oriente : unha historia dos Reis Magos/ Pemón Bouzas; ilustracións, Marcos Calo  Bouzas, Pemón : Vigo : Xerais 2012 : ISBN: 978-84-9914-432-0
  •   O Espírito do Nadal / ilustrado por Nancy Tillman; [tradución ao galego, Millán Picouto]  Tillman, Nancy : Ourense : Linteo 2012 ISBN: 978-84-96067-72-1
  •   Xa me tardan estes Magos / Mamá Cabra; Antón Cortizas ... [et al.]; ilustracións de Kristina Sabaite Árbore (Galaxia)    : Vigo : Galaxia 2011 Edición: 2ª ed. ISBN: 978-84-9865-390-8
  •   Martiño / [texto] Chema Heras ; [ilustracións] Kiko Dasilva Demademora (Kalandraka)  Heras, Chema : Pontevedra : Kalandraka 2010 Edición: 5ª ed ISBN: 978-84-8464-612-9

martes, 20 de diciembre de 2016

FELIZ NADAL 2016!

Dende a Biblioteca Xosé Neira Vilas desexámoslles 2017 boas lecturas!

Ilustración: Oeuf de Canard

martes, 13 de diciembre de 2016

A recomendación do mes : BOB DYLAN

 BOB DYLAN

Premio Nobel de Literatura 2016



A Academia Sueca galardou a Bob Dylan co Premio Nobel de Literatura por "crear unha nova expresión poética dentro da gran tradición da canción americana". Dylan é o primeiro cantante e compositor en recibir o máximo galardón das letras universais polas letras das súas cancións, que tiveron unha "profunda influencia na música contemporánea"

"How many roads must a man walk down, before they call him a man
how many seas must a white dove sail, before she sleeps in the sand 
how many times must the cannonballs fly, bedore they are forever banned
the answer, my friend, is blowing in the wind
the answer is blowing in the wind"

Bibliografía na biblioteca: 

 

-Los tesoros de Bob Dylan / Brian Southall.- [Barcelona] : Libros Cúpula , 2013.-ISBN 978-84-480-0854-3.
-Bob Dylan revisited : [13 canciones adaptadas al comic]/ Thierry Murat ... [et al.].- Barcelona : Norma, 2011.-ISBN: 978-84-679-0273-0
-Bob Dylan, todas sus canciones: la historia detrás de sus 492 temas/ Philippe Margotin, Jean-Michel Guesdon .- Barcelona : Blume, 2015 .-ISBN: 978-84-9801-838-7 
-Reminiscencias de Bob Dylan Xosé Antonio Moreno.-Vigo: Galaxia, 2000.-84-8288-369-0
-Down the tracks : the music that influenced Bob Dylan/ director, Steve Gammon.-Eagle Rock Entertainment, 2008
-Blonde on blonde / Bob Dylan.-Sony Music Entertainment,  2003
-Blood on the tracks / Bob Dylan.- Sony Music Entertainment, 2003
-The 30th anniversary concert celebration : Bob Dylan .- Sony Music Entertainment 1993

viernes, 4 de noviembre de 2016

A recomendación do mes: Santiago García




Guionista, crítico e tradutor de banda desañada española. Colaborou con debuxantes como Pepo Pérez, Javier Peinado e David Rubín.


Escribe cómics e escribe sobre cómics dende hai máis de vinte años. Formou parte dos equipos fundadores das revistas especializadas U e Volume. Escribiu sobre cómic no suplemento cultural de ABC.


Coordinou a antoloxía de cómics Panorama. La novela gráfica española hoy (Astiberri, 2013) e outroa ensaios, Supercómic. Mutaciones de la novela gráfica contemporánea (Errata Naturae, 2013).
NO 2015 recibe o Premio Nacional de Cómic por Las Meninas xunto a Javier Olivares e tamén son galardoados co premio a Mellor Obra Española no Salón Internacional del Comic de Barcelona 2015


Podedes ler o seu blog aquí


Na biblioteca podes atopar os seguintes títulos:


La tempestad , / Santiago García, Javier Peinado
García, Santiago Descripción: Bilbao : Astiberri 2008 ISBN: 978-84-96815-53-7
El vecino , / escrito por Santiago García, dibujado por Pepo Pérez
García, Santiago Descripción: [Bilbao] : Astiberri 2004 ISBN: 84-95825-75-9
El vecino , . 2, / escrito por Santiago García, dibujado por Pepo Pérez
García, Santiago Descripción: Bilbao : Astiberri 2007 ISBN: 978-84-96815-09-4,
Beowulf , / Santiago García ; David Rubín
García, Santiago Descripción: Bilbao : Astiberri 2013 ISBN: 978-84-15685-35-7
Reseña de Beowulf
Fútbol , : la novela gráfica , / Santiago García; [dibujado por] Pablo Ríos
García, Santiago Descripción: [Bilbao] : Astiberri 2014 ISBN: 978-84-15685-62-3
Las meninas , / Santiago García, Javier Olivares
García, Santiago Descripción: Bilbao : Astiberri 2014 ISBN: 978-84-15685-48-7
Reseña de Las Meninas









Cómics sensacionales , / Santiago García
García, Santiago Descripción: Barcelona : Larousse 2015 Edición: 1ª ed. ISBN: 978-84-16368-51-8





TRADUCIÓN

Marvel Comics , : la historia jamás contada, / Sean Howe ; traducción de Santiago García
Howe, Sean Descripción: Girona : Panini Books 2012 ISBN: 978-84-9024-334-3



Una historia violenta , / escrito por John Wagner ; ilustrado por Vince Locke [traductor Santiago García]
Wagner, John Descripción: Bilbao : Astiberri 2008 Edición: 2ª ed ISBN: 978-84-96815-81-0



Shanna , / [Frank Cho, guión, dibujo y cubierta ; Santiago García, traducción]
Cho, Frank Descripción: Torroella de Montgrí (Girona) : Panini España 2006 ISBN: 84-89872-67-8



Elektra y Lobezno , : La redentora, / [una obra escrita por Greg Rucka ; ilustraciones y cubierta por Yoshitaka Amano ; trad., Santiago García]


Señal y ruido , / [texto], Neil Gaiman ; [ilustraciones] Dave McKean ; [traducción, Santiago García]
Gaiman, Neil Descripción: Bilbao : Astiberri 2008 Edición: 1ª ed. ISBN: 978-84-96815-48-3



Estafados , / Alex Robinson ; traducción de Santiago García Sillón orejero (Astiberri)
Robinson, Alex Descripción: Bilbao : Astiberri 2006 ISBN: 84-935229-4-5



X-Factor: sucedió en las vegas , : Sucedió en las Vegas, / [guión: Peter David ; dibujo: Sebastian Fiumara, Emanuela Lupacchino, Valentine De Landro ; traducción: Santiago García]. Héroes Marvel ; 1
David, Peter Descripción: Torroella de Montgrí (Girona) : Panini Comics 2011 ISBN: 978-84-9885-753-5 (vol. 1)







martes, 11 de octubre de 2016

DÍA DAS BIBLIOTECAS

"Un vagalume é unha illa diminuta extraviada na noite máis densa. Cen vagalumes, unha constelación misteriosa que marca o rumbo cara a outros universos. Así, con esa estratexia de luz, organízanse os libros que moran nas bibliotecas. Son aloumiños fosforescentes que incendian os soños e recompoñen os corazóns grises ata facelos recobrar o seu vermello brillante. Calquera individuo que padeza a síndrome do corazón gris, debería poñerse en mans dun experto e visitar unha biblioteca.
Para escribir un libro, ademais de facer malabarismos coas palabras hai que ser unha desvergonzada ou un tolo. Un atrevido, unha excéntrica descontrolada! Levar un calcetín de lunares, outro de raias e os pelos de punta. Unha crista como as das cacatúas sería un peiteado ben interesante para un escritor. Só as mentes máis disparatadas son aptas para escribir libros. Mais para custodialos non chega con ter un desaxuste nos cables cerebrais. É indispensable ser de fóra. Un extraterrestre. As bibliotecas albergan seres con antenas xiratorias, cerebros milliométricos que memorizan títulos rebuscados, rimbombantes, campanudos. As persoas que custodian os libros sempre me pareceron criaturas singulares. Están dotadas de extremidades retráctiles que estiran e estiran ata alcanzar aquel volume ao que semellaba imposible acceder. E logo, coma se nada, recompóñense e todo volve á súa posición natural. Semellan seres humanos, mais a pouco que os observes, percibirás que non son de aquí. Unha das cousas que máis me fascina é o seu cerebro. Parécenme tan listos! Os libros fabrican pensamentos. Pasar tantas horas dentro dunha factoría de ideas é bo para ter un corazón vermello e brillante e unha cabeza chea de plans fantásticos.
Alguén me contou o 24 de outubro é o Día das Bibliotecas. Sería xenial montar unha festa con confeti e pompas de xabón. Unha cousa grande. A min encantaríame vestirme para tal ocasión coma o personaxe dalgún libro, sentar na mesa dunha biblioteca da cidade onde vivo, e agardar a que viñesen visitarme. Nas bibliotecas podes ser quen ti queiras. Desde Mary Poppins ata Matilda. Atreyu, Drácula e ata Pippilotta Viktualia Rullgardina Krusmynta Efraimsdotter Långstrump. Podes poñer botas de pelo, plumas, zancos e sombreiros. Sombreiros! Iso é! Imaxino a unha pequena lectora achegándose a min discretamente, engaiolada polas cores e formas do meu chapeu:
Sombrereira tola, que festa tan marabillosa! Sería tan amable de servirme unha taza de té?
Eu serviríalla con moito gusto, poñendo cara de muller refinada, e logo as dúas faríamos a un tempo ruído ao tragar. Soaría algo así como glup glup glup. E antes de que nos dese tempo de botarnos a rir de xeito desenfreado, aparecería o bibliotecario, como xurdido da nada, que para iso posúen a facultade de materializarse diante de ti no momento máis inoportuno, e nos advertiría de que as bibliotecas non son lugares aptos para ir merendar. Hai que recoñecer que son únicos custodiando tesouros. Extraterrestres co corazón vermello e brillante. Que cousa tan fantástica. Feliz Día das Bibliotecas!"

Texto de Ledicia Costas e ilustración de Elena Odriozola.

martes, 23 de agosto de 2016

ACTIVIDADES PARA O MES DE SETEMBRO: Obradoiro de cine e Terrazas de verán


Seguindo a nosa programación de verán, a biblioteca Xosé Neira Vilas ten programado para o mes de setembro máis actividades para que disfrutedes da programación de animación e actividades para todas as idades.

Terrazas de verán 
8 de setembro: Encontro co escritor Fran P. Lorenzo, autor de "Cabalos e Lobos".Será un encontro informal cos lectores e lectoras, unha charla amigable onde as persoas participantes poderán falar, preguntar ao escritor e intercambiar opinións sobre o que rodea ao mundo literario. Serás ás 19:00 h.

9 de setembro: Cabaré musical: Lilí Berlín. Suso Alonso e Blanca Cendán preséntannos o cabaré musical Lili Berlín: crítica social ilustrando as melodías de compositores como Kurt Weill, Friedrich Höllander, Scott Joplin, John Kander,....Será tamén ás 19:00 h.

Obradoiro de cine : unha viaxe a través do cine fantástico e de terror

20,22,27 e 29 de setembro: Neste obradoiro preténdese facer un achegamento entretido a un dos xéneros máis carismáticos e imaxinativos do cine e a literatura. Será en horario de 18:00 a 20: 00 horas, e haberá 15 prazas para realizalo. A inscrición para o mesmo será a partir das 10.30 horas do 1 de setembro, e estará enfocado para público adulto a partir de 16 anos.

Dende a biblioteca animádevos a participar nestas actividades que rematarán a programación estival deste caluroso verán 2016


jueves, 18 de agosto de 2016

AUTOR DO MES : AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

Agustín Fernández Paz ( 1947-2016) foi en 2008 Premio Nacional de Literatura pola obra "O único que queda é o amor". É un dos escritores máis coñecidos e valorados no ámbito da literatura infantil e xuvenil, tanto en Galicia como no resto de España.
Na nosa biblioteca contamos cunha extensa lista de obras deste magnífico autor e excelente persoa, cunha calidade humana moi grande. Animádevos a ler algunha das súas novelas, contos, poesías, e veredes da grandeza dun grande escritor.
Obras: As flores radiactivas, Cartas de inverno, O único que queda é o amor, Un radiante silencio, Rapazas, A neve interminable, Las hadas verdes, Aire negro, Lúa de Senegal, A praia da esperanza, Malos tempos para os fantasmas, Noites de voraces sombras, Corredores de sombras, O rastro que deixamos, Desde unha estrela distante, Non hai noite tan longa, A viaxe de Gagarín, .....

viernes, 29 de julio de 2016

Novo servizo de autopréstamo

A biblioteca Neira Vilas no seu afán de incorporar as novas tecnoloxías inaugura o novo servizo de autopréstamo.


Con este novo servizo os usuarios poderán emprestar e devolver os seus libros e Cds de música de forma independente e sen ter que pasar polo mostrador. O usuario ten que ter consigo o seu carné de socio para poder acceder a este servizo xa que é necesario pasar o código de barras que o identifica por o lector e seguir as indicacións que vai indicando a pantalla.



martes, 12 de julio de 2016

AUTOR DO MES. Patrick Modiano


Neste verán de 2016, a biblioteca Neira Vilas e dentro do seu programa de "Autor do mes" recomenda as lecturas de Patrick Modiano para pasar unhas tardes moi entretidas.

Novelista francés, gañador do Gran Premio de Novela da Academia Francesa, do Premio Goncourt e do premio Nobel de Literatura.

Na biblioteca Neira Vilas temos os seguintes títulos do autor deste mes, por si vos animades a lelos nestes días calurosos á beira do mar:
-La hierba de las noches
-Trilogía de la ocupación
- Para que no te pierdas en el barrio
-Ropero de la infancia
-Catherine

Boas lecturas!!!!!

sábado, 2 de julio de 2016

A miña experiencia na Biblioteca Xosé Neira Vilas

Gran parte da nosa vida vivímola en ciclos, uns bos, outros non tanto, pero o que aquí vou a rematar foi dos mellores que eu tiven. Hoxe culmino a miña etapa na Biblioteca Xosé Neira Vilas.
A nivel profesional non podía estar máis contenta: un traballo que responde á miña formación académica, nunha biblioteca de renome, ambiciosa, adaptada aos novos tempos e moi preocupada por difundir a nosa cultura. Unha biblioteca de proximidade que se ergue como un lugar de encontro para comunidade, cun montón de actividades, obradoiros, espectáculos para todas as idades e que visitan cada ano unha morea de escolas, organizacións e centros de diferente natureza...Como ía imaxinar eu que se ía traballar tanto! De seguro que algunha vez escoitástedes iso de “Pequena pero matona”.
Agora ben, o mellor sen dúbida desta experiencia foron os compañeiros. Fixéronme entender que cun bo equipo de traballo se poden lograr moitas cousas e só convosco puiden visualizar isto dun xeito xenial. Síntome moi afortunada de ter coñecido a persoas tan valiosas que contaxian o seu entusiasmo e as ganas de ser os mellores.
Anxo, Susana e Noelia oxalá non cambiedes nunca. Isto, por suposto que non é un adeus, é un ata logo sincero e de todo corazón.


martes, 21 de junio de 2016

Actividades de verán na Biblioteca

Durante os meses de verán a biblioteca non descansa. As nosas instalacións vanse encher de actividades, obradoiros e mostras bibliográficas tanto para os máis cativos como para o público adulto. Botádelle unha ollada a todo o que podedes facer estes meses de xullo e agosto.

XULLO 

- Do 01 ao 31  Mostra bibliográfica: Cultura urbana Público xeral. 

- Do 01 ao 31  Cita a cegas Público xeral

- Do  01 ao 10 Feira do libro Público xeral

- Mércores 13 e xoves 14 ás 11:00 h.  Obradoiro encadernación: libro acordeón Público infantil maiores de 8 anos



AGOSTO

- Do 01ao 31  Mostra bibliográfica: Cultura urbana Público xeral

- Do 01 ao 31  Cita a cegas Público xeral

- Martes 23 e xoves 24 ás 11:00 h.  Obradoiro de breaking: the first moves Público infantil maiores de 8 anos

miércoles, 13 de abril de 2016

Abril, o mes do libro

A Biblioteca ofrece diversas actividades e obradoiros durante este mes para celebrar xuntos que o 23 de abril é o Día do Libro:

-O xoves 14 ás 18:00h. é "A HORA DOS CONTOS". Actividade de  animación a lectura para o público infantil dende 3 ata 10 anos.

- O venres 15 ás 18:00h. "ENTRE ARROLOS E CONTIÑOS". Para bebés dende 12 meses ata 3 anos, achegamos os máis cativos a paixón pola lectura. (prazas cubertas!)

- O luns 18 comeza a mostra bibliográfica "400 ANOS DE CERVANTES". Con motivo do IV Centenario da morte de Miguel de Cervantes, presentamos unha mostra coa que achegarse a este xenio da literatura universal. Estará vixente ata o sábado 30. 

- O luns 25 ás 18:00h. "OBRADOIRO DE PAPEL MÁRMORE". Para público adulto. Inscríbete neste obradoiro onde aprenderemos a elaborar papel mármore, técnica utilizada tradicionalmente na encadernación.

- O martes 26 ás 18:30h. "ARAÑEIRA DE LINGUAS". Público familiar. O Colexio Mariano presenta na Biblioteca o seu proxecto de dinamización lectora, no que a través de diferentes traballos amosan o seu gusto pola lectura.

- O xoves 28 ás 18:00h. "AS TARDES DO ROQUE". Actividade de animación á lectura para rapaces dende 3 ata 10 anos.

- O venres 29 ás 19:30h. "CONTOS DAKÍ". Para público adulto. María da Pontragha ven a contar historias cheas de retranca e de humor.

viernes, 1 de abril de 2016

2 de abril. Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil


Comeza abril, e como cada ano entramos neste mes cunha das nosas celebracións favoritas: o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, que cada ano conmemora o nacemento de Hans Christian Andersen, alá polo 1805, creador de personaxes que forman parte xa do imaxinario colectivo de todos nós: o parrulo feo, o soldadiño de chumbo, a sereíña... e moitos máis!

Ata o día 16, mergullarvos na biblioteca nunha estupenda selección dos títulos máis destacados da Literatura Infantil e Xuvenil, tanto de autores clásicos como obras contemporáneas... verdadeiras xoias coas que vos convidamos a gozar como pequenos!

Deixámosvos xa co cartel do ilustrador Ziraldo e a  mensaxe da escritora Luciana Santori que este ano preparou a sección brasileira do IBBY (Organización Internacional para o Libro Xuvenil - International Board on Books for Young People):

  
Era unha vez unha... Princesa? Non.
Era unha vez unha biblioteca. E era tamén unha vez Luisa, que foi á biblioteca por primeira vez. A nena camiñaba amodo, tirando dunha mochila de rodiñas enorme. Miraba para todo abraiada: andeis e máis andeis cheíños de libros... Mesas, cadeiras, coxíns de cores, debuxos e carteis nas paredes.
–Trouxen unha foto miña –díxolle timidamente á bibliotecaria.
–Moi ben, Luisa! Vou facerche entón a túa tarxeta da biblioteca. Mentres, podes ir escollendo un libro. Podes escoller un para levar para a casa, vale?
–Só un? –preguntou, decepcionada.
De súpeto, soou o teléfono e a bibliotecaria deixou á nena con esa tarefatan complicada de escoller só un libro de entre aquel mar de libros dos andeis. Luisa camiñou tirando da súa mochila e buscou e buscou ata que atopou o seu favorito: Brancaneves. Era un exemplar de tapa dura cunhas ilustracións preciosas. Co libro na man, volveu tirar da mochila e, xusto cando ía saír, alguén tocoulle no ombro. A nena case cae de cu da sorpresa: era, nada máis e nada menos, que o Gato con Botas, co seu propio libro nas mans ou, máis ben, nas poutas!
–Como está vostede? –preguntou o gato cunha reverencia–. Luisa, non sabes xa todo o que hai que saber desas historias de princesas? Por que non levas o meu libro, O Gato con Botas, que é máis divertido?
Luisa, asombrada, cos ollos estartelados, non sabía que dicir.
–Que ocorre? Comeuche a lingua o gato? –burlouse o gato.
–Es de verdade o Gato con Botas?
–Son eu de verdade! O mesmiño! Veña, logo, lévame para a casa e coñecerás todo sobre a miña historia e a do Marqués de Carabás.
A nena estaba tan atónita que só puido asentir coa cabeza.
O Gato con Botas mergullouse maxicamente de volta no seu libro e, cando Luisa estaba a marchar, sentiu de novo que lle tocaban no ombro. Era ela: “branca coma a neve, meixelas de roseira e cabelos tan negros coma o carbón”.
Sabedes quen era?
–Brancaneves! –dixo Luisa, perplexa.
–Luisa, lévame tamén contigo. Este exemplar –dixo, amosándolle o seu libro– é unha adaptación auténtica da historia dos irmáns Grimm.
Cando a nena estaba a piques de cambiar o libro de novo, o Gato con Botas apareceu, moi irritado.
–Brancaneves, Luisa xa se decidiu. Volve onda os teus seis ananos.
–Son sete! E ela aínda non decidiu nada! –exclamou Brancaneves, arroibándose do enfado.
Os dous personaxes ollaron para a nena agardando unha resposta.
–Non sei cal levar. Quero levalos todos…
De súpeto ocorreu algo extraordinario e insospeitado: todos os personaxes comezaron a saír dos seus libros: Cincenta, Carapuchiña Vermella, a Bela Dormente e Rapunzel. Aquelo era todo un equipo de auténticas princesas.
–Luisa, lévame para a túa casa! –rogaron todas elas.
–Eu só preciso unha cama para durmir un chisco –dixo a Bela Dormente, bocexando.
–Só cen aniños, un chisco! –mofouse o Gato.
–Eu podería limparche a casa –falou Cincenta–, pero á noite teño unha festa no castelo do...
–Do Príncipe! –berraron todas.
–Na miña cesta levo torta e viño. Alguén quere? –ofreceu Carapuchiña Vermella.
De seguido, máis e máis personaxes foron aparecendo: o Parrulo Feo, a Vendedora de Mistos e, tamén, o Soldadiño de Chumbo e a Bailarina.
–Luisa, podemos ir contigo? Somos pesonaxes de Andersen –pediu o Parrulo
Feo que, en realidade, non era tan feo.
–Vai caloriño na túa casa? –preguntou a Vendedora de Mistos.
–Ouh, se hai unha cheminea, mellor quedamos por aquí... –engadiron o Soldadiño de Chumbo e a Bailarina.
Xusto entón, para sorpresa de todos, apareceu fronte a eles un lobo enorme e peludo, cos dentes afiados. Era o Lobo Feroz!
–Lobo, vaia boca máis grande tes! –dixo Carapuchiña, por costume.
–Eu protexereivos! –falou o Soldadiño de Chumbo, con moito valor.
Foi entón cando o Lobo Feroz abriu a súa enorme boca e... Comeunos a todos? Non! Bocexou do cansado que estaba e dixo, con moita calma:
–Tranquilizádevos todos. Só quería darvos unha idea. Luisa podería levar o libro de Brancaneves e o resto poderiamos ir na súa mochila, é abondo grande para todos nós.
A todos os personaxes lles pareceu unha moi boa idea.
–Podemos ir, Luisa? –preguntou a Vendedora de Mistos, que tremía de frío.
–Claro! –dixo ela mentres abría a mochila.
Todos os personaxes puxéronse en fila e comezaron a entrar.
–Primeiro as princesas! –pediu Cincenta.
Ao final, foron aparecendo tamén personaxes do Brasil: Saci, Caipora, unha boneca de trapo que falaba moito, un neno toliño, unha nena cun bolso amarelo, outra coa foto da súa bisavoa pegada ao corpo, un rei pequeno e mandón. Todos e todas entraron. A mochila pesaba máis ca nunca. Os personaxes pesaban moito! Luisa colleu o libro de Brancaneves e a bibliotecaria anotouno na súa tarxeta da biblioteca.
Un anaco despois, a nena chegou á casa moi contenta. A súa nai chamou dende dentro:
–Chegaches, miña rula?
–Si! Chegamos!
Luciana Santori

 Podedes descargar o folleto aquí: DILI_2016

miércoles, 23 de marzo de 2016

A Biblioteca Xosé Neira Vilas está de noraboa.

Conmemoramos o seu 5º aniversario e queremos compartir convosco a alegría de ser un dos servicios máis punteiros da cidade. O 24 de abril do 2011 abriu as súas portas como unha biblioteca de proximidade, un lugar de encontro para a cultura, a información, a educación e o ocio. Só queremos agradecer a todas e cada unha das persoas que pasaron por aquí, e moi especialmente aos nosos socios e socias, por quen melloramos cada día intentando ofrecer unha progamación moi activa e atractiva para todas as idades e uns servizos adecuados á cidadanía.


martes, 8 de marzo de 2016

Club de Lectura. La Catedral del Mar


Os participantes do Club de Lectura achegáronse a unha historia ambientada no medievo, concretamente na Barcelona do século XIV. La Catedral del Mar, ópera prima de Ildefonso Falcones, narra unha historia que ten como nexo de unión a construción da Igrexa de Santa María do Mar. O seu rotundo éxito foi abrumador: número 1 en vendas no ano 2006,  traducida a máis de 15 idiomas e merecedora de varios galardóns como mellor novela do ano.


Marila Ruíz, a coordinadora do Club, preséntanos a obra do seguinte xeito:

La catedral del mar, de Idelfonso Falcones.
Si hay algo que creo que he aprendido a hacer verdaderamente bien es a leer, es a disfrutar leyendo…. casi cualquier cosa, independientemente de que me guste o no. La primera muerte que lloré leyendo fue la de don Quijote y mis primeras carcajadas literarias fueron con El sueño de una noche de verano. Por voluntad propia jamás he podido pasar de la página tres de En busca del tiempo perdido, pero si tuviera que hacerlo porque me pagan o porque me va la vida en ello, estoy segura de que disfrutaría muchísimo.
Aunque a mí, lo que de verdad me maravilla, son los best-sellers.
Cuando leímos en el Club de Lectura la Catedral del Mar, yo estaba muy preocupada por un problema personal. Me hubiera costado y costado cualquier otra lectura, pero era abrir La catedral del mar y de repente estaba en la Edad Media entre judíos, moros y cristianos… y un dramón de vida la de los payeses y un montón de injusticias sociales y de peligros y de amistades y buenos y malos y algo de sexo y mucho ritmo y algo de cultura histórica… Vamos, que si eres capaz de pasar por alto la ideología de género, es un caramelo.
En cuanto a las opiniones del Club, ha habido como siempre de todo, más gusto que disgusto. Las objeciones fueron que había algunas partes un poco tediosas sobre la historia de Cataluña, que este libro había sido escrito para forrarse, que no aportaba nada nuevo que no supiésemos de la Iglesia o que era un poco simplista. En el gusto, lo más destacado era lo bien que se leía, lo detallado y sorprendente de sus recreaciones (cómo era un juicio de la Inquisición o cómo vivían las mujeres), lo bien que lo pasabas leyendo (tantas desgracias) y, sobre todo, el mejor de los piropos para un libro así: el no poder parar hasta el final.
En una tarde de playa, o en un fin de semana de ciclogénesis o en una gripe sin dolor de cabeza he hecho muchas cosas agradables, pero nada en la vida me ha proporcionado tanto placer como un best-sellerde este tipo.

sábado, 20 de febrero de 2016

A Biblioteca Neira Vilas intégrase no Catálogo Único da Rede de Bibliotecas de Galicia


AVISO IMPORTANTE

A Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas intégrase dende o vindeiro luns 22 de febreiro na posta en marcha do Catálogo Único da Rede de Bibliotecas de Galicia, que nunha primeira fase inclúe ás Bibliotecas Nodais da Xunta de Galicia (entre elas a Juan Compañel) e ás bibliotecas municipais dos concellos de Vigo, Sanxenxo, Laxe, Oleiros e Ortigueira.

Este importante paso para a conformación da Rede supón que as persoas usuarias destas bibliotecas poderedes facer uso do voso carné en calquera dos outros centros que se integren nesta primeira etapa. Haberá tamén cambios no que se refire ao servizo de préstamo, variando o número de documentos prestables e os prazos de devolución dos mesmos. 

Entre o luns 22 e o mércores 23 levaranse a cabo os traballos de integración, polo que será imprescindible presentar o carné de socio para poder facer uso do servizo de préstamo e devolución. Dito servizo, quedará interrumpido o mércores 23 en horario de tarde, volvendo a restablecerse con normalidade o xoves 24.

Podedes consultar toda a información no seguinte enlace:

martes, 19 de enero de 2016

2015. Un ano en cifras

Hai unha semana celebrábamos o Día do Usuario e na Neira Vilas quixemos aproveitar a ocasión para darvos as grazas por facer da(s) biblioteca(s) o que somos, un servizo público de todos e para todos no que agardamos que cada un atope o seu lugar.

Agora queremos compartir con vós o resultado deste último ano de traballo, e aínda que o que vos ofrecemos aquí son cifras, sabemos que detrás das mesmas estades os usuarios, así que de novo grazas pola vosa implicación en todo o que facemos. 

Entrando en materia, ao longo do pasado 2015 un total de 85.735 persoas fixeron uso dos distintos servizos que ofrece a biblioteca, ben fose levando documentos en préstamo, consultándoos en sala, facendo uso dos equipos informáticos, participando no programa de actividades, etc. Así mesmo, inscribíronse 1.823 novos socios, cos que o total ascende xa a 12.790.

Se botamos un ollo ás cifras do servizo de préstamo comprobamos que ao longo do 2015 leváronse prestados 38.676 documentos... Como non podía ser doutra forma a maior parte destes préstamos correspóndense con libros (71,5%), sendo a novela o xénero preferido dos nosos lectores. Séguenlle por orde de preferencia o cine/documental (23%), a música (2%), as revistas (2%) e os arquivos de ordenador (1,5%). Tamén se afianza a nosa plataforma de libro electrónico Ebookvigo,  que neste ano incrementou os seus socios en 129 e na que se rexistraron un total de 1.085 préstamos.

Un completo programa de actividades para todos os públicos

 

Pero ademais, na Biblioteca Xosé Neira Vilas temos como un dos nosos obxectivos primordiais deseñar e executar programas e actividades que pretenden proporcionar oportunidades de formación para todos, promover a lectura e fomentar o uso da biblioteca. Así, durante o ano 2015 realizáronse un total de 189 actividades, dirixidas a todo tipo de públicos (adulto, infantil e familiar), nas que participaron 7.057 persoas, ás que queremos agradecer o seu entusiasmo e a súa fidelidade no caso das actividades de tipo permanente: A hora dos Contos, Entre arrolos e contiños ou As tardes do Roque para nenos, e os Contos Dakí e o Club de lectura para adultos téñense convertido en citas indispensables para moitos de vós. Tampouco esquecemos as actividades formativas, como os cursos de alfabetización dixital Achégate a internet, nin outro tipo de iniciativas como os obradoiros, presentacións, recitais, mostras bibliográficas, etc.

Moi contentos estamos tamén coa boa acollida que os programas para escolares  Descubrindo os Clásicos (curso 2014/2015)  e Xogando cos sentidos (Curso 2015/2016) tiveron entre a comunidade escolar: ao longo dos meses lectivos pasaron un total de 59 grupos de diferentes centros de ensino, tanto públicos como concertados, cun total de 1.470 participantes.

Por último, as accións programadas en colaboración con outras entidades, como a Fundación do Secretariado Xitano ou a Asociación Alborada, seguen a afianzar o papel da biblioteca como centro integrador das distintas realidades e sensibilidades presentes na nosa  área de influencia.

viernes, 8 de enero de 2016

Club de lectura. El amor en los tiempos del cólera y Del color de la leche

Dende que comezou o curso escolar, os participantes do noso Club de Lectura téñense asomado a dúas lecturas moi diferentes: en primeiro lugar a todo un clásico da literatura hispanoamericana, El amor en los tiempos del cólera, do gran Gabriel García Márquez, ao que seguiu a existosa novela de Nell Leyshon Del color de la leche, premiada en 2014 como o mellor libro do ano polo gremio de libreiros de Madrid. Aquí vos deixamos as reflexións - como sempre interesantísimas - de Marila Ruíz, a coordinadora do Club:

El amor en los tiempos del cólera, de Gabriel García Márquez, y Del color de la leche, de Nell Leyshon.
García Márquez, y en especial esta obra, ha sido desde que lo conocí una de mis patrias más amadas en este mundo que llamamos literatura (con la excepción del despropósito final que sólo puedo calificar de senil, Memoria de mis putas tristes). Su narración envolvente, las vidas que se engarzan y se sueltan de nuevo con una delicadeza que casi parece azar y es, en cambio, maestría, los personajes inolvidables como Fermina Daza y Florentino Ariza, el aire pesado del Caribe, el sopor húmedo en el río, tanto deseo de encontrar amor en tiempos en los que no parece haber más que migajas de amor… Es un libro magnífico, un viaje inolvidable. Y sin embargo…

… Sin embargo, justo después en el Club hemos leído Del color de la leche y, de repente, sin entender muy bien qué estaba sucediendo, el gigante se me volvió un algo acartonado, un algo falso, un algo insulso y ya consabido. Porque el pequeño Del color de la leche palpita desde su primera frase con una frescura narrativa inusual, una precisión insobornable en la que nada falta ni nada sobra en la voz de una protagonista, Mary, que nos cuenta quién fue ella, y por qué fue así, y a quien creemos, sin reservas. Esta obra me reconcilia con la literatura por su verdad inspirada e inspiradora, tanta belleza que no sé si la autora podrá volver a estar a la altura de sí misma, como le sucedió a Saint Exupery con El principito. A quién le importa. Uno y otro son ahora reales, tanto que a lo largo de la tertulia una participante comentó “¿Os habéis dado cuenta? En el libro anterior siempre hablábamos de García Márquez, en este libro sólo hablamos de Mary, ni una vez hemos mencionado a la autora”.  
En cuanto a las opiniones de quienes asisten al Club, ha habido más gustos que disgustos en ambos casos. Del clásico de García Márquez se habló bien y con entusiasmo, con discusiones interesantes y alguna objeción que se diluía siempre en la maestría global del texto. De del color de la leche se habló en general con una enorme emoción, exceptuando un par de objeciones de rechazo completo ante un texto tan simplista en apariencia… Ustedes lean y juzguen, cualquiera de los dos merece la pena, aunque es un merecimiento diferente y yo me quedo, sin dudar, con el segundo. David contra Goliat, una honda, una piedra, simplemente.
 Marila Ruiz