martes, 16 de junio de 2015

Caderno de bitácora. Semana 24 (2015): do 8 ao 14 de xuño

Unha semana máis cubrimos unha nova páxina do noso Caderno de Bitácora para resumirvos os últimos 7 días na biblioteca.

Despois dunha fin de semana do máis literaria, coa entrega dos Premios Xerais de Literatura na Illa de San Simón, o mércores non puidemos deixar de recordar a todo un clásico da literatura infantil: o noso queridísimo Maurice Sendak na data do seu aniversario. Tamén nos alegrou a semana saber que Vigo estaba entres as cidades españolas máis lectoras...

E con tantas boas novas chegamos ao xoves para despedirnos por este curso da nosa Hora dos Contos con Trini Puentes. Foi unha sesión chea de historias adicadas aos astros máis importantes, o sol e a lúa. Así soubemos dos amoríos entre o príncipe sol e a princesa lúa, acompañamos aos chimpancés que querían recurperar a lúa do lago ou aos nenos que querían saber a que sabía...


Para poñer fin á semana, o venres tocounos afrontar unha nova despedida... Nesta ocasión foron Andrea Bayer, Óscar Ferreira e o Roque os que nos dixeron adeus ata o mes de outubro! Roque estaba un pouco triste con esto da despedida, pero a morriña disipouse grazas aos fantásticos contos de Andrea, a carta do avó Agustín e as poesías dos máis pequenos da biblioteca!!


Esperaremos con impaciencia o mes de outubro para reencontrarnos cos nosos amigos... ata entón, a gozar do verán que está á volta da esquina!!

Vémonos na biblio!

No hay comentarios:

Publicar un comentario