miércoles, 10 de junio de 2015

Caderno de bitácora. Semana 23 (2015): do 1 ao 7 de xuño


Coa chegada do mes de xuño chegou tamén o calor con temperaturas tan elevadas que parece que xa estamos en pleno verán...pero na biblioteca estamos ben frequiños.

Neste mes xa están rematando as actividades permanentes, pero non vos preocupedes que temos un montón de sorpresas para o verán!. Nuns poucos días teredes lista a nova programación do trimestre na que haberá moitas sorpresas. A información a poderedes ver na biblioteca e tamén neste blog, na páxina web e nas nosas redes sociais.


 Esta semana tivemos a penúltima sesión do ano do Club de Lectura. Os membros do club están lendo nesta ocasión Tierra de Cristal do novelista e periodista italiano Alessandro Baricco, o autor da famosa novela Seda. Pero en próximos días Marila Ruiz, a coordinadora,  faranos unha reflexión sobre esta obra e como acadou no noso club.

Durante estes días tamén tivemos a visita dos alumnos de 3 anos do CEIP Pombal. Os máis pequenos do colexio achegáronse por primeira vez á biblioteca. Tras unha pequena volta pola sala para que se familiarizasen con espazo e coñecesen algúns dos servizos que ofrece a biblioteca dirixímonos á nosa zona preferida...a zona infantil. Alí os nenos descubriron que hai un montón de libros para eles e que poden coller e ler soíños. Aprenderon que hai libros DO MUNDO QUE ME RODEA que nos ensinan cousas tan interesantes como os cinco sentidos. Outros libros con RIMAS como Un becho estraño, libros con SORPRESA  como Cucú Tras que agochan todos os animais que hai no mar, tamén hai libros PARA CONTAR, como o clásico de Garavanciño e outros máxicos PARA VER, como Un libro.


Para rematar fimexos un fermoso mural entre todos cos personaxes de Garavanciño que levaron os nenos para colgar no colexio.



Esta semana tamén nos sumamos á iniciativa dos #Bookface, podedes ver nas entradas anteriores do blog a información sobre o tema e tamén moitas fotos dalgúns dos nosos usuarios, e de algún bibliotecario... Tedes que descubrir quen se agocha detrás de Karlos Arguiñano!. Animámosvos a que participedes nesta iniciativa: sempre podedes vir á biblioteca para que nós vos buscamos un libro e vos fagamos a foto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario