viernes, 5 de junio de 2015

Bookface (ou o fenómeno que revoluciona as redes sociais bibliotecarias)


Dende a biblioteca Neira Vilas non nos resistimos a sumarnos ao fenómeno dos #Bookface. Aínda non sabes de que vai? Pois moi fácil, trátase dunha fotografía na que a imaxe da cuberta dun libro se funde coa realidade:


O truco está en aliñar ben o corpo coa imaxe da cuberta do libro, atopar un segundo plano adecuado e tratar de respectar as proporcións para que o efecto de ilusión funcione.

Esta moda, moi popular nos Estados Unidos, Gran Bretaña e Canadá, que agora chega tamén a España, comezou fai aproximadamente un ano: inspirándose no éxito dos sleeveface (fotografías coas portadas dos discos de vinilo), a New York Public Library comezou a usar a etiqueta #BookfaceFriday para colgar este tipo de imaxes, co obxectivo de dar empuxe á presenza  dixital dunha institución considerada tradicionalmente como proveedora de información analóxica. Dende entón o fenómeno non deixou de medrar, e cada semana son máis as bibliotecas que suben as súas montaxes ás redes. Tanto é así que recentemente o New York Times publicou un artigo sobre o tema: "Oh, those clever librarians and their #Bookface".



Trátase de participar activamente nas redes sociais, conectar cos usuarios e amosar o lado máis divertido da biblioteca e dos bibliotecarios, que fan (facemos) verdadeiras peripecias para que o resultado do bookface sexa o mellor! E de paso, como non,  difundir e promocionar os libros que forman parte dos nosos fondos... as temáticas son variadas, dende novelas ou cómics ata biografías, libros de cine, etc. Todo está permitido sempre que a imaxe acadada sexa resultona!

E como se trata dunha iniciativa participativa, animámosvos a que nos axudedes a facer medrar o noso álbume de #Bookface en Picasa! Esperamos as vosas fotos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario