viernes, 22 de mayo de 2015

Carapuchiñas vermellas


Para os que viaxedes a Madrid durante este mes de maio dende a biblioteca recomendámosvos que fagades un oco para visitar a exposición Caperucitas al rojo vivo que ofrece o Museo ABC. Nesta mostra pódense ver diferentes ilustracións sobre este conto tradicional e como evolucionou ao longo dos anos.
                            

A exposición esta dividida en catro seccións:

¡Que lecturas más grandes tienes! Grandes ilustradores nacionais e internacionais realizan os seus homenaxes a este personaxe. Atoparedes orixinais de Ana Juan, Emilio Urberuaga, Patricia Metola, Iban Barrenetxea, Claudia Ranucci, Rafa Vivas, Jesús Gabán, Tesa González, Xan López Domínguez, Adolfo Serra, Liesbet Slegers, Agustín Comotto, Annalaura Cantone e Javier Zabala. 
 

Para imaginarte mejor. Tres versións de Carapuchiña interpretadas por Mar Ferrero, Julio A. Blasco e Miguel Tanco e pertenecentes aos ibros Lo que no vio Caperucita Roja, La ladrona de sellos e Caperucita Roja, respectivamente (publicados por Edelvives).

Para recordarte mejor. Selección de reproducións de gran calidade na que podemos atopar ilustracións de Gustave Doré, Fortuné Méaulle, Arthur Rackham, Tom Browne, Harry Clarke, August Macke e Walter Crane.

Este cuento no se ha acabado. Ofrece visións moi singulares sobre a protagonista e a sua historia. Tamén podemos admirar debuxos de Carapuchiñas do fondo do Museo ABC, obras datadas entre 1903 e 1959 realizadas por Eulogio Varela, Máximo Ramos, Joaquín Valverde, Narciso Méndez Bringa, Fernando Fresno ou Ana María García Badell.



Pero se non tes a oportunidade de ver esta exposición, non te preocupes na Biblioteca Neira Vilas tamén temos Carapuchiñas a moreas!

Entre todas facemos unha pequena selección das que máis nos gustan:

E comezamos, claro está, polo principio: a Carapuchiña orixinal, a que foi recollida por primeira vez da tradición oral por Charles Perrault. No libro Los cuentos de Perrault editado por Atlas Ediciones o autor diríxese ás rapazas para instruílas nas regras sociais. E como Carapuchiña non fixo caso do que lle dicían e inflixiu estas regras foi castigadas e devorada polo lobo. FIN. Non houbo ningún cazador ou leñador polo bosque que fora no seu rescate.

E deste xeito apostilla Perrault:


MORALEJA
Niñas, cuando ustedes sean hermosas jóvenes,
desconfien siempre de los lobos:- en este mundo hay muchos melífluos y elegantes,
cuyo lenguaje es cariñoso y seductor,
y esos precisamente son los de la raza más peligrosa.


Este libro conta coas fermosas ilustracións de Gustave Doré (1861), que realizou as máis famosas imaxes de este conto fixando no imaxinario colectivo a idea da indefensa Carapuchiña fronte á imaxe dominante e antropomórfica do lobo.

A nosa segunda recomendación: Caperucita Roja (Ed. Kókinos), baseada no conto recollido polos irmáns Grimm. Trátase dunha magnífica e orixinal versión que realiza a ilustradora checa Kvéta Pacovska, chea de formas xeométricas e vivas cores, onde o vermello, o negro e o prateado inundan as páxinas. Nesta versión introdúcese o personaxe do salvador en forma de cazador, que ao escoitar os ronquidos que veñen da casa da avoa deduce todo o acontecido e decide abrirlle a barriga ao lobo, sacar a Carapuchiña e á avoa (que estaban intactas e limpas) e meterlle pedras no lugar das dúas mulleres. Cando desperta o lobo intenta fuxir pero como lle pesa tanto a barriga morre.
Sempre que contamos esta versión na biblioteca temos moitas voces discordantes que nos din que iso é o que lle aconteceu o lobo dos Sete cabritiños... e razón non lles falta porque, ao igual que o lobo de Carapuchiña, o pobre lobo dos cabritiños corre a mesma sorte segundo os irmáns Grimm.


Roberto Innocenti ilustra La niña de rojo, escrita por Aaron Frisch (Ed. Kalandraka). Nesta versión trasladan á nena lonxe do bosque, á gran cidade onde as distraccións e os perigos son outros. A orixinalidade deste libro radica en conxugar as dúas versións de Carapuchiña que chegaron a nós (Perrault/Grimm): os textos aparecen enmarcados ou en vermello ou en gris correspondendo cada cor a unha versión diferente. Pero a moralexa nesta historia é ben diferente, porque nestes días nada é branco ou negro e non te podes fiar das aparencias: unha persoa pode ser perigosa ou ser o teu salvador.


Como sinala o gran Gianni Rodari soamente basta con citar cinco palabras para que o imaxinario colectivo evoque a nosa protagonista: nena, bosque, flores, lobo e avoa. E con esta idea é como crea outro dos nosos contos favoritos: Confundindo Historias (Ed Kalandraka), ilustrado por Alessandro Sanna. Este é un divertido álbum para xogar cos pequenos que xa coñecen á perfección o clásico e que teñen que axudar ao narrador a continuar a historia de Carapuchiña amarela, ou era verde? ou era.... VERMELLA!!


 
En Las manoplas de Caperucita a pobre rapaza non ten carapucha pero ten un fermoso gorro vermello, e unhas botas vermellas e tamén unhas manoplas vermellas porque neste conto vai moito frío. Tampouco ten cesta, non atopa flores, non hai rastro do cazador e moito menos do lobo; e por riba cando chama á porta ninguén lle abre!. Pobre Carapuchiña, non lle sae nada a dereitas. Que gran sorpresa atopará finalmente dentro da casa da avoa?...para sabelo so teredes que pasar pola biblioteca para coller este conto de Inés Almagro e Mikel Mardones editado por OQO.




Tamén se agachan moitas sorpresas no álbum No bosque de Anthony Brown. Nesta ocasión quen leva a comida á casa da avoa é un rapaz que a medida que se interna no bosque vai descubrindo algúns personaxes que nos lembran moito aos dos contos tradicionais. Cada páxina deste libro agocha obxectos e seres que darannos pista de quen é cada quen que atopa no bosque. Un divertido libro para xogar a atopar as imaxes escondidas e a descubrir aos protagonistas.



E para o final deixamos ao gran Roal Dalh co seu libro Cuentos en verso para niños perversos (Ed. Alfaguara), libro que todo mundo ten que ler polo menos dez veces na vida! Ilustrado polo xenial Quentin Blake, que acompañou a Dalh nos seus grandes éxitos como As Bruxas (Xerais) ou Charlie e a fábrica de Chocolate (Xerais). 
 
Pobre lobo! Tivo a mala sorte de atoparse coa perversa Carapuchiña ...
Caperucita dijo: "¡Qué imponente
abrigo de piel llevas este invierno!".
El Lobo, estupefacto, dijo: "¡Un cuerno!
O no sabes el cuento o tú me mientes:
¡Ahora te toca hablarme de mis dientes!
¿Me estás tomando el pelo...? Oye, mocosa,
te comeré ahora mismo y a otra cosa".
Pero ella se sentó en un canapé
y se sacó un revólver del corsé,
con calma apuntó bien a la cabeza
y -¡pam!- allí cayó la buena pieza.








OUTRAS CARAPUCHIÑAS QUE ACONSELLAMOS:

Caperucita Roja
Perles, Pedro: M1C: Alcalá la Real, Jaén. 2010
Unha versión soamente composta por ilustracións do clásico de Perrault.

Quen lle ten medo a Carapuchiña Vermella?
Sahinkanat, Sara: Linteo  Ourense. 2013 
Pobre lobiño! Todo o que ten que aprender dos consellos da súa nai para fuxir de Carapuchiña e do cazador.

Moito Conto
Páez, Enrique : OQO; Pontevedra
Cincenta é moi amiga de Carapuchiña e ten por mascota a un pobre lobo.


NESTES ENLACES PODES ATOPAR MOITAS MÁIS INFORMACIÓN SOBRE CARAPUCHIÑAS:

Eterna Caperucita de Teresa Colomer. Revista CLIJ


Caperucita Roja en la LIJ contemporánea de Angeles Perera Santana. Revista CLIJ



No hay comentarios:

Publicar un comentario