viernes, 10 de abril de 2015

Obradoiro de fotografía estenopeica en 3D

A semana pasada, coincidindo coas vacacións escolares, levamos a cabo na biblioteca un taller de fotografía 3D ao auténtico estilo do século XIX, construíndo a nosa propia cámara e estereoscopio.

Así, os participantes construíron a súas cámaras fotográficas estenopeicas cunha caixa de cartón, para despois ir a sacar as súas propias fotos e revelalas no cuarto escuro, vivindo así a experiencia única e case máxica de ver aparecer a imaxe. A peculiaridade destas cámaras é que se realizan con dous estenopos conseguindo dúas fotografías do obxecto ou paisaxe cunha leve variación no encadre. Tras isto puideron visionalas en 3D construíndo tamén con cartón os seus estereoscopios, que personalizaron ao gusto de cada un.


Para rematar fixeron fotografías en grupos nas que forzaron as posturas e os escorzos, para tratalas despois  nun programa informático e convertelas en anaglifos: imaxes en dúas dimensións compostas por dúas capas de cor movidas lixeiramente unha respecto da outra capaces de provocar un efecto tridimensional ao velas usando as míticas lentes 3D con filtros azul e vermello.


Non deixedes de visitar a nosa Galería con todas as fotos do obradoiro!

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario