miércoles, 1 de abril de 2015

2 da abril - Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil




Dende 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY (Organización Internacional para o Libro Xuvenil) promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.

Todos os anos unha Sección Nacional é a encargada de elaborar unha mensaxe para todos os nenos e nenas do mundo. Compartimos con vós a difundida neste 2015 polos Emiratos Árabes Unidos, da man da escritora emiratí Marwa Al Aqroubi e a ilustradora Nasism Abaeian.

"Falamos diferentes linguas e vimos de diferentes orixes, mais compartimos as mesmas historias"
Historias internacionais… historias tradicionais
É a mesma historia que se nos conta a todos
En diferentes voces
En diferentes cores
Pero permanece inmutábel…
Comezo…
Argumento…
E fin…
É a mesma historia que todos sabemos e amamos
Todos a escoitamos
En diferentes versións de diferentes voces
Mais sempre é a mesma
Hai un heroe… unha princesa… e un vilán
Non importa a súa lingua, nin os seus nomes,
Nin as súas caras
É sempre o mesmo comezo,
Argumento
E fin
Sempre ese heroe… esa princesa e ese vilán
Inmutábeis durante séculos
Acompáñannos
Murmúrannos nos nosos soños
Arrólannos para durmir
As súas voces marcharon hai tempo
Pero viven nos nosos corazóns para sempre
Pois únennos nun mundo de misterio e imaxinación
Para que todas as culturas se fundan nunha única historia."

Marwa Al Aqroubi
Traducido ao galego por Antía Marante e Sabela González.


Podedes tamén descargar aquí o Tríptico do Día do Libro Infantil e Xuvenil

No hay comentarios:

Publicar un comentario