viernes, 10 de abril de 2015

Día do Libro Infantil e Xuvenil

O mércores pasado, na véspera  do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, organizamos na biblioteca un concurso para xogar e divertirse en familia ao redor dos contos clásicos!

Xogando por parellas (adulto+menor) os participantes tiveron que superar distintas probas para avanzar no noso taboleiro xigante e chegar antes que os rivais á meta. Para iso enfrontáronse a preguntas relacionadas coa literatura infantil, como por exemplo saber cantos cabritiños saíron da barriga do lobo no conto dos irmáns Grimm (ollo que a pregunta ten trampa!). Tamén tiveron que resolver retos de debuxo (intentade debuxar a Spiderman ou ao Frautista de Hamelín) e de mímica, escenificando con xestos personaxes como a Ratiña Fachendosa ou o Gato con Botas.

Foi unha tarde do máis divertida, podedes dar testemuña visitando o álbum de fotos da xornada. Para rematar, queremos darlles as grazas a todos os que participaron na actividade, esperamos que gozaran dela tanto coma nós!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario