miércoles, 1 de abril de 2015

Día do Libro Infantil e Xuvenil

Mañá celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil e dende a biblioteca unímonos a esta celebración organizando na tarde de hoxe unha actividade para toda a familia ao redor dos contos clásicos. 

Xogando por parellas (adulto+menor) os participantes terán que ir superando probas para para poder avanzar nun taboleiro ata chegar á meta. Haberá probas nas que teñan que empregar a mímica, outras nas que teñan que debuxar e outras nas que terán que responder ás preguntas realizadas. A diversión está asegurada!

Os concursantes están xa seleccionados, pero non dubidedes en acudir como público... O seu papel será determinante!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario