jueves, 9 de abril de 2015

Contos Dakí. Día do Teatro con Soledad Felloza


O pasado 27 de marzo celebramos o Día do Teatro cunha nova sesión de Contos Dakí da man da narradora Soledad Felloza.

Así, fomos coñecendo historias acontecidas entre bambolinas, tanto na radio como nas táboas dun escenario. E do traballo de actriz pasamos a coñecer tamén o seu traballo de contadora, que a ten levado por todos os recunchos de Galicia recollendo esas historias contadas ao redor dunha boa lareira e en casas que arrecenden a caldo, historias de mulleres como a señora Lola ou como as veciñas de Mallón, ou de grandes raíñas como Lupa, que non lle puxo as cousas fáciles aos discípulos do apóstolo Santiago. Un verdadeiro pracer!


Contos Dakí
Próxima sesión: venres 24 de abril ás 19.30h
Conta: Avelino González


No hay comentarios:

Publicar un comentario