sábado, 25 de abril de 2015

Contos Dakí. Avelino González

Onte á tardiña tivemos o pracer de volver escoitar as historias de Avelino González nos Contos Dakí.

Desta volta os veciños de San Andrés de Comesaña foron os protagonistas dos contos de Avelino: os nenos que xogaban ao fútbol cando el era cativo, as historias do tío Ernesto, que conseguiu desfacerse dos sachos e ir traballar ao tren... e moitas outras mesturadas polo medio que nos fixeron rir ata saltar as bágoas, pero que como sempre nos deixaron un pouso de reflexión.

Contos Dakí
Próxima sesión: venres 29 de maio ás 19.30h
Conta: Yoshi Hioki

No hay comentarios:

Publicar un comentario