sábado, 11 de abril de 2015

As tardes do Roque. Abril 2015

Onte á tardiña gozamos cunha nova sesión das Tardes do Roque, con Andrea, Óscar e por suposto Roque Roquiño!

Como o pasado 2 de abril foi o Día do Libro Infantil e Xuvenil, Andrea fíxolle a Roque un agasallo para que o trouxera onte á biblioteca, pero o noso despistado amiguiño non o daba atopado, así que mentres o buscaba Andrea contounos dous contos fantásticos, o do Polo Pepe e o da ratiña que estaba de cumpleanos á que todo o mundo lle quería papar o pastel.

Finalmente Roque atopou o seu regalo, e como non podía ser doutra forma tratábase dun dos contos favoritos de moitos cativos: O coelliño branco, de Xosé Ballesteros, que escenificamos coa axuda dos nosos fantásticos voluntarios.

Como cada mes, chegou a carta do avó Agustín, que desta volta andaba por Dinamarca, a terra do gran Hans Christian Andersen! E tamén houbo tempo para que os nenos que quixeron nos recitasen un poema, nos leran un conto, como Julia que nos contou Cinco, de Antonio Rubio, ou nos plantexaran unha adiviña, como a de Adrián: "Conta contiños como ninguén, é amiga nosa e de Roque tamén", quen pode ser?

Rematamos como sempre cantando os parabéns a todos dos que no último mes estiveron de aniversario e despedímonos ata o mes de maio!

Lembrade que podedes ver todas as fotos na Galería de imaxes da biblioteca



As tardes de Roque
Próxima sesión: venres 22 de maio ás 18.00h
*Inscrición: a partir do 15 de abril ás 10.30h


No hay comentarios:

Publicar un comentario