viernes, 10 de abril de 2015

A hora dos contos. Abril 2015


Como cada mes, onte tivemos sesión da Hora dos Contos, e Trini Puentes deleitounos con historias nas que os personaxes protagonistas compartían un rasgo común: ser do máis teimudos!


Así, a avestuz Mariluz durmía todas as noites coa cabeza agochada na area a pesares das advertencias da súa nai, todo para presumir das plumas da súa cola, ata que un día levou un bo susto e decidiu mudar de costumes. 
Tamén coñecimos a un burro que quixo coñecer o significado do proverbio "de tanto pensar o burro morreu" para o que foi preguntando a distintos animais ata que por fin dou coa clave. Por último, pasámolo en grande co intento fallido dun pombo para conducir un autobús: tamén os nenos foron nesta ocasión moi testáns e non houbo forma de que o deixaran coller o volante!

Para rematar, cada un pintou o seu propio autobús, colocando de condutor e viaxeiros aos personaxes que máis lle gustaron dos contos da sesión!

Como sempre, tedes todas as fotos na Galería da biblioteca!

A hora dos contos
Próxima sesión: xoves 14 de maio ás  18.00h

No hay comentarios:

Publicar un comentario