martes, 31 de marzo de 2015

Marzo, mes da Poesía

Remata xa o mes de marzo, que na biblioteca adicamos á poesía por celebrarse o pasado 21 o Día Mundial da Poesía.

Deixámosvos o enlace ao canal Sempre Haberá Poesía no que fomos colgando os vídeos de todas as persoas que se animaron a compartir con nós os seus versos e poemas favoritos. A todas elas, moitas grazas!! 

E aproveitamos para lembrarvos tamén que hoxe e mañá son os últimos días para visitar a Exposición de Batania, cuxos poemas/pintadas nos levan acompañando todas estas semanas, espertando en nós un sorriso ás veces, nostalxia noutras... e que de seguro nos invitaron á reflexión.

No hay comentarios:

Publicar un comentario