martes, 17 de marzo de 2015

Entre arrolos e contiños. Marzo 2015

Unha estupenda tarde Entre arrolos e contiños a que pasamos o venres con Bea Campos e Davide González!

Así, unha vez postos en situación coa canción Arrorró, fomos en busca da Lúa coa fermosa historia de Eric Carlé. Tamén acompañamos a un "león" á súa hora do baño, e caimos na conta de que entre os animais temos unha chea de Amigos! Para rematar, un dos nosos contos favoritos, os Chibos Chibóns, de Olalla González.

Tedes todas as fotos en Galería de imaxes. Entre arrolos e contiños

Entre arrolos e contiños
Próxima sesión: venres 17 de abril
*Inscrición a partir do 1 de abril ás 10.30h

No hay comentarios:

Publicar un comentario