miércoles, 4 de marzo de 2015

Día da Poesía 2015


Ao longo do mes de marzo na biblioteca sumámonos aos obxectivos marcados pola UNESCO para conmemorar o Día Internacional da Poesía, que se celebra o vindeiro 21 de marzo e favorecer deste modo a difusión e promoción deste xénero literario, en todas as súas formas e facetas.

Así, dentro das actividades organizadas para este acontecemento, temos expostas nos taboleiros da biblioteca distintas imaxes das intervencións poéticas na rúa de Batania, máis coñecido como Neorrabioso, recollidas na súa obra La poesía ha vuelto y yo no tengo la culpa (http://batania.blogspot.com.es/)

Ademais, convidámosvos a que participedes activamente nesta festa da poesía, e para iso habilitamos un espazo na biblioteca para que poidades facer unha gravación lendo ou recitando o voso poema favorito, que difundiremos nas nosas redes sociais a través das etiquetas #DíaDaPoesía e, parafraseando a Bécquer, #SempreHaberáPoesía



No hay comentarios:

Publicar un comentario