sábado, 7 de marzo de 2015

As tardes de Roque

Unha estupenda tarde a que pasamos onte con Andrea, Óscar e Roque, repletiña de contos e fantásticas historias!

Comezamos co conto de Nico, un neno que nos ensinou Como atrapar unha estrela. Despois, Roque quixo animarse a contarnos el unha historia, pero comproubou que enfrontarse ao público non é nada doado... 
Así que Andrea botoulle unha man con outro fantástico relato, o da Ra Xoana que un bo día sae de paseo co seu vestido vermello e un paraugas... Chegados a este punto, Roque foi quen de debutar como contador coa fantástica historia da vaca Victoria: morreu a vaca, e rematou a historia!

Non faltou tampouco a carta do Avó Agustín, que anda este mes de viaxe por Italia, e como sempre para rematar, cantamos os parabéns a todos aqueles que estiveran no último mes de aniversario.

Galería de imaxes 


As tardes de Roque
Próxima sesión: 10 de abril de 2015
*Inscrición a partir do 16 de marzo ás 17.00h

1 comentario: