martes, 17 de marzo de 2015

A hora dos contos. Marzo 2015


A semana pasada, aproveitando os días de sol e que a  primavera xa está cerca, as historias de Trini Puentes na Hora dos Contos xiraron ao redor dos paxaros.

Así coñecimos a historia do Galo Perico, que foi á voda do seu tío, tamén a  do pardal que atopou un bo compañeiro de vida nun humano, ou o conto da cigoña que buscou axuda para recuperar o ovo que tiña no alto dunha cheminea a piques de caer. 

Para poñer punto final a esta fabulosa tarde cada participante puido levar unha paxareira e un paxaro para colocar nas fiestras das súas casas!

Botádelle un ollo ás fotos da sesión en A hora dos contos. Galería de imaxes


A hora do contos
Próxima sesión: xoves 9 de abril ás 18.00h

No hay comentarios:

Publicar un comentario