jueves, 26 de febrero de 2015

Programación de actividades. Marzo 2015

Xa tedes á vosa disposición toda a programación da biblioteca para o vindeiro mes de marzo, un mes cheo de actividades que esperamos sexan do voso interese, no que non faltan as nosas citas mensuais coa Hora dos Contos, As tardes do Roque, Entre arrolos e contiños, os Contos Dakí, o club de lectura... pero no que tampouco faltan novas propostas nas que agardamos que participedes, como a celebración do Día da Poesía ou o obradoiro de fotografia.

Lembrámosvos que debedes estar atentos aos prazos das actividades que requiren previa inscrición.



Vémonos na biblio!

No hay comentarios:

Publicar un comentario