viernes, 13 de febrero de 2015

As tardes do Roque. Febreiro 2015

Hoxe celebramos o comezo do Entroido por todo o alto con Andrea, Óscar e o noso querido Roque Roquiño.

Despois de cantar a canción de benvida, Roque contounos que non atopaba o seu disfrace para o entroido, así que estaba un pouco desgustado. Mentres o buscaba, Andrea contounos dous divertidísimos contos con animais como protagonistas... e cos nenos que viñeron á sesión tamén!! Menuda canteira de actores e actrices que temos entre os nosos cativos!

Finalmente, despois de remexer todos os rincóns, Roque apareceu vestido de policía para poñer un pouco de orde entre tanto personaxe que nos visitaba hoxe, e é que entre o noso público tiñamos a superheroes, piratas, indios e vaqueiros, princesas, animais variados, fadas e ata un astronauta!

Tampouco faltou a carta do avó Agustín, que desta vez foi a gozar dun dos entroidos máis famosos do mundo... o de Brasil! A ver cando decide levarnos a nós nalgunha das súas viaxes!

Tedes como sempre todas as fotos desta Tarde do Roque na Galería de imaxes da biblioteca!


As tardes do Roque
Próxima sesión: venres 6 de marzo ás 18.00h
*Inscrición a partir do luns 16 de febreiro ás 17.00h

No hay comentarios:

Publicar un comentario