martes, 24 de febrero de 2015

Entre arrolos e contiños. Febreiro 2015

O pasado venres pasamos outra estupenda tarde Entre arrolos e contiños con Bea e Davide.

Da man do rato Paco fomos de viaxe á lúa, que non sabía a queixo pero cantaba unhas cancións de berce moi fermosas... Tamén coñecimos a distintos animais veciños de Vigo, entre eles o caracol, que como leva a súa casa ás costas pode vivir onde lle pete! E para rematar, fomos testemuñas de como a Galiña roxa e os seus pitiños pasaron un lote de traballos para facer un rico pan de millo, sen recibir a axuda dos seus preguiceiros compañeiros de granxa. Ademais, tivemos a oportunidade de ver os novos instrumentos que trouxo Davide para esta ocasión, como o teclado e o xilófono.

Para despedirnos, fixémolo como xa é costume cunha canción tradicional: a dos catro vellos mariñeiros:

Catro vellos mariñeiros,
catro vellos mariñeiros,
todos metidos nun bote.
Boga, boga, mariñeiro,
imos pra Viveiro,
xa se ve San Roque.
Boga, boga, mariñeiro,
imos pra Viveiro,
xa se ve San Roque.



Non deixedes de visitar a Galería de imaxes con todas as fotos da sesión!



Entre arrolos e contiños
Próxima sesión: venres 13 de marzo ás 18.00h
*Inscrición a partir do luns 2 de marzo ás 17.00h

No hay comentarios:

Publicar un comentario