sábado, 28 de febrero de 2015

Contos Dakí. César Cambeiro


Na tarde de onte foron as historias de guerra as protagonistas dunha nova sesión de Contos Dakí, que este mes viñeron da man do fantástico César Cambeiro.

Deste xeito fomos coñecendo os detalles da vida do inocente Terriñas, personaxe dunha famosa copla fisterrá, que tivo que combater na fronte durante a guerra. A experiencia non lle gusta nada así que decide abandonar, e a partir de entón a familia ten que buscar todas as fórmulas posibles para que non o declaren desertor... No medio, fóronse mesturando outras moitas historias que como sempre fixeron da tarde unha velada chea do humor e a retranca tan propia do noso carácter.


Contos Dakí
Próxima sesión: venres 27 de marzo ás 19.30h
Conta: Soledad Felloza

No hay comentarios:

Publicar un comentario